Notas
-
Lobos sucios abre este programa especial no Cine Gaumont como parte da programación da Xunta para a 42ª Feira do Libro de Bos Aires. Proxéctanse tamén As altas presións, A esmorga, Maimiño, Inevitable, Holy Night, Os fenómenos, Arraianos, A praia dos afogados, No Cow on the Ice, O ouro do tempo, A árbore magnética e A cicatriz branca.
-
A través desta adxudicación apóiase o labor de difusión destes seis certames en xéneros e formatos como o documental, as curtametraxes, o cinema independente ou o fantástico. Esta liña de axudas dotouse con 105.000 euros, incrementando nun 16% o seu orzamento respecto á anterior convocatoria.
-
O mércores, 13 de abril, comeza o Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui, máis diverso que ofrecerá ata o domingo 17 a proxección de 45 filmes xunto a outras actividades paralelas coma concertos, clases maxistrais, debates,... O cartel da edición de 2016 inspírase na obra de Charles Burnnet a quen se adica unha retrospectiva.
-
Participan Artefacto, Ficción, Filmanova Invest, International Audiovisual Communication, Intuitive Productions, Matriuska, Maruxiña Films, Obradoiro Cab Sad, Portocabo, Somadrome, Tree Line, Vía Láctea, Voz Audiovisual e Zenit TV. Igape e Agadic colaboran na promoción desta misión comercial.
-
O grupo de traballo está integrado pola Agadic, Turismo de Galicia, TVG, Academia Galega do Audiovisual, Clúster Audiovisual Galego e as asociacións de produtoras independentes, empresas, guionistas, directores e realizadores co obxectivo de abrir un proceso de debate cara a elaboración dun plan 2016-2020 para o sector galego.
-
Fíos Fóra é un documental que “fai un novelo do sector téxtil aquí e fóra, antes e agora”. “As mulleres galegas que traballaron no sector téxtil dende os 60 foron a man de obra perfecta e cautiva”. O reto do concurso Explícoche Matemáticas 2.0 pasa por elaborar curtametraxes de 2 minutos explicando en galego un concepto matemático.
-
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e a Obra Social la Caixa, pon en marcha esta iniciativa co fin impartir obradoiros de xornalismo entre os escolares de 3º e 4º da ESO nos institutos de educación secundaria de Galicia.
-
A directora berlinesa participa na Coruña o 4 e 5 de marzo como parte do ciclo organizado en colaboración co Festival de Cine Europeo de Sevilla e La Casa Encendida. O CGAI ofrece especiais sobre creadoras galegas, Charles Burnett, a historia da animación española, a actriz María Casares e Renoir.
-
O 4º Festival de Cine remata o 26 de marzo na Casa da Cultura de Alfoz ás 19 horas coa proxección de “A Esmorga”, unha drama de 2014 dirixido por Ignacio Vilar, baseada na obra de Blanco Amor. Na proxección estará presente o referido director.
-
O grupo Histagra acaba de recuperar, dixitalizar e catalogar destacados fondos xornalísticos do primeiro terzo do século XIX que axudarán a “recuperar a memoria agraria e política do país”. A documentación recuperada estará en próximas datas en rede a disposición das persoas interesadas.