Notas
-
A Axencia achega este ano 5 millóns de euros ao sector a través dos investimentos comprometidos para 2011 nas convocatorias dos últimos catro anos. O prazo de presentación de proxectos esténdese ata o 30 de xuño.
-
El periodista ferrolano José Varela Cachaza ha merecido el Urogallo de la Comunicación de 2011 que otorga el Club Ancares de Lugo.
-
A Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística Leixaprén entregará o 27 de maio, no marco da celebración do Encontro do Audiovisual Escolar Galego SonCine, o XII Premio Leixaprén a Manuel González en recoñecemento ao seu labor de promoción do audiovisual galego e da lingua galega neste ámbito.
-
Potenciarase o audiovisual galego como sector estratéxico con 6 millóns de euros e un Plan de AcciónO conselleiro de Cultura da Xunta avanzou no Parlamento galego que se elabora un Plan de Acción inmediato para o audiovisual que será presentado este ano e que recollerá “as sensibilidades e necesidades dos magníficos profesionais que temos nesta terra”. Asegura, tamén, que a Xunta traballa “nunha única política audiovisual totalmente unificada”.
-
A gala inaugural será o 1 de xuño no Teatro Colón da Coruña onde se proxectará Metrópolis 27/10. Poderase ver a película de Fritz Lang na súa versión íntegra e restaurada que inclúe vinte minutos que no seu día foron cortados e críanse perdidos.
-
O Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) presenta a mostra Estades preparados para a televisión?, na que propón unha reflexión sobre o medio e o artista e ofrece fragmentos de programas únicos, transgresores e con pegada.
-
A xornada Letras Galegas e Internet acolleu a presentación das principais novidades en tecnoloxías da fala e da información e da comunicación en galego como ecursos para a corrección e a tradución de textos, dicionarios, formación en liña e programas informáticos.
-
Coincidindo coas Letras Galegas, celébrase o Día de Internet como xornada destinada a difundir as posibilidades que brinda a Rede ás tecnoloxías da información e das comunicación, e tamén a lembrar os retos que aínda quedan por afrontar nun ámbito que xera de forma directa ou indirecta 23.400 millóns do PIB anual e contribúe á transformación da sociedade.
-
A Illa de San Simón acolle o 13 de maio un simposio internacional de protocolo con destacados expertos en comunicación institucional procedentes de España, Portugal e Latinoamérica.
-
O Salón Teatro de Compostela abre a súa programación coa interpretación, a través do formato de espazo radioescénico, fragmentos das obras finalistas. Ana Romaní e Anxo Quintela conducen o programa e Ana Vallés asina a dirección artística.