Notas
-
Becarios de la Fundación TIC formarán un equipo de profesionales para grabar en su totalidad el evento. El Centro de Contenidos, -empresa pionera y líder en el sector de distribución audiovisual en el país-, incluirá la Gala Lvcvs Moda entre sus más de 5.000 horas de programas.
-
A Secretaría Xeral de Política Lingüística apoia a terceira edición do Certame de Cinema OUFF Escola, unha iniciativa que se enmarca no XVI Festival de Cine Internacional de Ourense e que entende o audiovisual como “unha canle importante para a dinamización do uso do galego”.
-
A Illa de San Simón acolle o encontro #Nethinking centrado na revolución de internet e os seus efectos nos modos de comunicación. Reúne a comunicadores expertos en redes sociais e rostros coñecidos como Eva Hache. www.illadesansimon.org retransmite o evento.
-
Ficción Producciones, finalista en 11 das 27 categorías dos Premios Mestre Mateo 2010 do AudiovisualA tv-movie Mar Libre aspira a dez dos premios, entre eles mellor película para televisión, mellor director, mellor dirección artística e dirección de fotografía, mentras que Checkout aspira a levarse o premio á mellor curta de animación.
-
O actor Luís Tosar desprázase a Salem (India) da man de Implicadas no Desenvolvemento, para impartir un obradoiro de teatro e participar na gravación dun novo proxecto audiovisual promovido pola organización.
-
Este proxecto implica a entidades de 14 países e opta ao programa Interreg IV-C no apartado de innovación e economía do coñecemento. Prevese a creación do Observatorio das Industrias Culturais e Creativas.
-
A miniserie Mar Libre, coproducida por Ficción Producciones e a TVG e ambientada nas costas galegas do século XVIII, foi seleccionada para o The 44th Annual Worldfest-Houston.
-
O CGAI celebra o seu XX aniversario coa estrea de Todos vós sodes capitán’, película galega galardoada en Cannes de Oliver Laxe, e a proxección de imaxes inéditas de Galicia do NO-DO. Inaugurouse en 1991 para recuperar, catalogar e difundir o patrimonio audiovisual e fotográfico galego.
-
“Carne de canón”, “Paraísos”, “Señora Carmen” e “Como eliminar as manchas de vómito” emítense ata o día 25 na Radio Galega para ser votadas polos oíntes. A gala de entrega dos premios da audiencia celebrarase o 3 de maio no Salón Teatro de Compostela.
-
O cinema da Segunda República sométese a análise no XIII Congreso da Asociación Española de Historiadores do Cine que se celebra na Facultade de Ciencias da Comunicación e que premia o labor do productor Enrique Cerezo e do actor Germán Cobo.