Notas
-
A nova web de iMit fomenta a participación cidadá a través dun foro sobre temas de actualidade e dispón dunha canle multimedia. As fotos publicadas son xa accesibles desde Flickr e proximamente terá presenza nas redes sociais Facebook e Twitter.
-
Ante unha pregunta do comité de TVG, que sospeitaba un cambio de rumbo na produción do programa Galegos no Mundo, a directora da TVG, Rosa Vilas, confirmou que este espazo está agora en mans dunha produtora allea, Portocabo TV.
-
Igualdade destacou a necesidade de recuperar o legado das galegas que, como Sofía Casanova, tiveron que superar moitos prexuízos sociais para dedicarse a tarefas consideradas como non femininas. Colaborará na posta en valor do papel de mulleres descoñecidas da historia, da literatura e da cultura.
-
Gómez Besteiro clausura o curso académico 2009-2010 do que resultan 44 novos titulados en Produción e Realización Audiovisual. Os novos alumnos poderán solicitar praza para o vindeiro curso no único centro da provincia que imparte estas titulacións ata o 9 de xullo.
-
O ciclo que se proxecta no CGAC ata o 28 de xullo enmárcase dentro do proxecto cultural Beijing Time. A hora de China e complementa á exposición sobre arte contemporánea chinesa que se expón na capital galega.
-
O ciclo adicado a Van Sant e promovido polo CGAI comeza o día 7 de xullo coa proxección de Todo por un soño, a película pola que Nicole Kidman gañou un Globo de Ouro á mellor actriz. O cine filipino preséntase o 1 de xullo coa película Turumba. Javier Rebollo presenta o filme A muller sen piano.
-
A Xunta aprobará a 2014 Axenda Dixital de Galicia que establece as liñas para que as TIC sexan unha peza clave na recuperación económica e define as políticas tecnolóxicas en converxencia coa estratexia europea.
-
O valencián Martín Fores Sanz é o autor do cartel anunciador da XXXII Semana de Cine de Lugo, logo de gañar o concurso convocado polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá a través de Internet.
-
Ata o domingo 6 de xuño A Coruña acolle a I Mostra de Cinema Periférico S8 enmarcada no programa Xacobeo Filme. Proxectaranse traballos de recoñecidos cineastas nacionais e internacionais neste certame innovador, con propostas únicas.
-
Los laberintos del espejo aborda a mentira no xornalismo a través dun xornal de ficción cuxo director é un profesor do amarillismo informativo. É o eixo central da última novela de Alfonso S. Palomares presentada por Felipe González.