Notas
-
Permanece aberta ao público de luns a sábado no Centro Laboral Lamastelle ata o sábado, 23 de outubro, en horario de mañá e tarde. Trátase da primeira das saídas da mostra programadas a centros de persoas con discapacidades.
-
Ao acto asistiu o vicepresidente da Deputación, Antón Bao, ademais de Xosé Miguel Alonso Boó, presidente do Consello Asesor da CRTVG e da RTVE-G, entre outras autoridades.
-
Ven de celebrarse a XXXII edición da Semana de Cine de Lugo, organizada polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, na que arredor de 7.000 persoas asistiron ás proxeccións dos diversos ciclos exhibidos nas salas Auditorio Gustavo Freire (pazo do festival), Biblioteca Provincial, Deputación Provincial e Fundación Caixa Galicia.
-
O conselleiro de Presidencia reúnese cunha delegación internacional de xornalistas vaticanistas para coñecer polo miúdo o dispositivo especial que se vai poñer en marcha para a visita do Papa a Galicia.
-
Gómez Besteiro e Álvaro Augustin, Director Xeral de Telecinco Cinema, inauguraron o curso académico 2010-2011 da TIC, que dispón de 44 prazas e 2.000 horas lectivas. Augustin, produtor de tres das catro películas máis taquilleiras de España: Celda 211, Ágora e Spanish Movie, compartiu cos alumnos unha visión cualificada e realista do panorama do cine neste país.
-
A mostra Galiciadixital foi inaugurada pola delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias, acompañada pola directora da TVG, Rosa Vilas. Permanece aberta ao público na delegación territorial da Xunta de Galicia ata o sábado, 9 de outubro, en horario de mañá e tarde.
-
O Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, promotor da XXXII Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, deu a coñecer o resultado da competición na Sección Oficial na que finalmente se impuxo co voto do público a película do turco Yesim Ustaoglu, La caja de Pandora.
-
O filme, dirixido por Enrique Otero e patrocinado polo Xacobeo 2010, será a única produción española a competición neste certame, un dos máis importantes de Asia. Participa na sección Flash Forward, que elixe a mellor película novel non asiática. Crebinsky conta cun elenco de luxo encabezado por Tosar.
-
O Museo Provincial de Lugo acolle a mostra sobre o actor Enrique Muíño promovida polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá. É unha das tres exposicións que se mostrarán ao longo da semana, e constitúe, xunto co documental dirixido por Federico Santillana, unha das homenaxes ao gaucho galego.
-
A Xunta de Galicia premia 6 proxectos para desenvolver contidos en Internet orientados á promoción cultural e á integración de colectivos con dificultades de acceso á Sociedade da Información.