Notas
-
O vindeiro 20 de Agosto terá lugar o IX Día do Mariscal que celebra a Asociación Cultural O Mundo de Galea, na que se investirá como Donas e Cabaleiros de Isabel de Castro e do Mariscal, respectivamente, a aquelas persoas ou colectivos da bisbarra, ou que nela teñen incidencia, que se distinguen polo seu labor cultural, social ou empresarial.
-
“Tralas Luces” é un documental de Sandra Sánchez sobre a vida nómada de Lourdes percorrendo as feiras coa súa familia e a pista de autos de choque, e “Arrugas” é unha adaptación da obra de Paco Roca sobre unha residencia da terceira idade, dirixida por Ignacio Ferreras.
-
A Agadic apoia 55 proxectos audiovisuais cun total de 674.000 euros a través de catro das liñas de subvención ao sector. Diríxense á promoción do talento audiovisual, á produción de curtametraxes e ao desenvolvemento de novos proxectos fílmicos e de contidos interactivos. 49 produtoras e creadores individuais benefícianse destas axudas.
-
Cultura e Turismo publica o número 20 da revista do Turismo de Galicia centrada no parque arqueolóxico da arte rupestre de Campo Lameiro. Inclúe, tamén, reportaxes sobre Os Ancares e O Rosal.
-
Os filmes e producións audiovisuais realizados en lingua galega colectan unha boa receptividade nos países do ámbito lusófono. Non obstante, a escaseza de plataformas e espazos para o acceso dende estes países aos produtos culturais galegas dificulta a súa circulación fóra de Galicia.
-
A segunda canle da televisión pública TVG emite o venres 1 de xullo a segunda parte do documental Memoria do nacionalismo galego que presenta un percorrido polos últimos 170 anos de historia política, social e cultural de Galicia, desde o Rexionalismo do século XIX ata a Transición, pasando por Castelao e o Estatuto do 36.
-
Forma parte do ciclo Música e Arte: Correspondencias sonoras, no que se vincula a música contemporánea con cada unha das exposicións programadas no centro. Neste caso, o concerto está relacionado coa mostra Estades preparados para a televisión?.
-
A Comunidade autónoma integrouse na entidade no padroado do Centro Nacional de Referencia do Software Libre onde se toman as decisións estratéxicas para o fomento do código de fontes abertas CENATIC. Presentouse o Plan de Acción 2012-2014.
-
Os catro gobernos autonómicos acordaron en Santiago de Compostela solicitar a inclusión do galego, do catalán e do éuscaro na base de datos terminolóxica da Unión Europea. Reuniuse a comisión de seguimento do protocolo.
-
O reporteiro gráfico Pedro Armestre é o gañador da segunda edición do certame A Imaxe de Galicia, unha iniciativa de Novacaixagalicia e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) que premia a mellor imaxe informativa sobre a actualidade galega publicada nos medios de comunicación durante o pasado ano 2010.