Notas
-
Fugadedescerebrados e Cero Veinte foron elaborados por alumnos de 2º dos ciclos superiores de Realización e Produción. Os equipos de rodaxe, alumnos e docentes da EIS asitiron á proxección das miniseries no Pazo de San Marcos. -
Sweetgrass e Sanya e Pardal son recoñecidas ex aequo como as mellores longametraxes da edición 2010, mentres que Alberte Pagán álzase co galardón na sección de Documentais Galegos por Tanyradzwa. -
Raquel Arias, delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, destacou a importancia de lograr a conectividade da totalidade do territorio galego para igualar as oportunidades da zona rural e a urbana na expansión e implantación de Internet. Reiterou o compromiso da Xunta con Lugo no Plan de Banda Ancha durante a presentación da Guía Webs de Galicia. -
Normalidade, según a Xunta, na segunda xornada de apagados analóxicos da última fase de incorporación á Televisión Dixital Terrestre (TDT) que afectou aos concellos pontevedreses de Arbo, As Neves, Salvaterra, Ponteareas e Salceda. -
O Centro Multimedia de Galicia (CMG) acolle a presentación da Guía Webs de Galicia editada por Interdix Galicia en colaboración coa Xunta. Publicada a toda cor, esta guía recolle en galego información sobre 4.800 webs galegas que tamén figuran no portal www.websgalicia.com, de Galiciadigital.com. -
Especialmente enfocada cara o rural, a campaña divulgativa da Xunta de Galicia sobre a TDT e o Plan de Banda Larga percorre diversas localidades galegas para aproximar as tecnoloxías da comunicación aos cidadáns. -
En colaboración coa Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, o CGAI promove o 12 de marzo o seminario Galicia en No-Do: Comunicación, Cultura e Sociedade (1942-1981), baseado na cesión de Noticieiros e Documentais de Cine. -
O reporteiro gráfico Xoán Arias Soler é o gañador da primeira edición do certame A Imaxe de Galicia, unha iniciativa da Fundación Caixa Galicia e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) que premia a mellor imaxe informativa sobre a actualidade galega publicada nos medios de comunicación en 2009. -
Converter á Facultade de Ciencias da Comunicación da USC nun centro de referencia no mundo é o obxectivo que marcará a xestión do profesor José Pereira ao fronte deste centro compostelán. -
La productora gallega Artefacto Producciones presentó en Berlín el filme de animación O Apóstolo, en el marco del 60º aniversario del Festival European Film Market.






