Notas
-
O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, inaugurará mañá, xoves, 2 de marzo, ás 16:00 horas o Congreso Mundial de Educación EDUCA 2023, no salón de actos da Facultade de Economía e Empresa. Este congreso terá lugar no Campus de Elviña entre os días 2 e 4 de marzo con máis de 400 participantes procedentes de diferentes lugares de España e doutros países como Portugal, EEUU., México, Perú ou Costa Rica.
-
Investigadores do Observatorio da Gobernanza G3, da Facultade de Dirección e Xestión Pública, traballan xunto co profesor da Universidade de Sao Paulo (USP) Fernando Coelho no desenvolvemento dun modelo de análise das administracións públicas españolas e brasileiras, que permita realizar estudos comparados sobre o desenvolvemento de políticas en diferentes eidos.
-
O profesor da Universidade suíza de Lausanne e un dos maiores expertos en experimentos de física de partículas do mundo, Tatsuya Nakada, visitou este luns a USC, onde asinou no Libro de Honra da institución logo de ser recibido, no Colexio San Xerome, polo reitor Antonio López. O profesor Nakada estivo acompañado polo vicerreitor de Política Científica, Vicente Pérez Muñuzuri, e polos investigadores do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), Bernardo Adeva e Diego Martínez.
-
Fernando Pérez-González e Alberto Pedrouzo, coordinados polo centro de investigación Gradiant, ocuparanse da dirección científica do proxecto europeo Trumpet, que pretende desenvolver unha ferramenta eficaz que evite as fugas de información e perdas de privacidade.
-
O proxecto europeo competitivo ‘Educational Knowledge Transfer’ (EKT) enfronta a derradeira fase da súa execución co desenvolvemento da súa conferencia final que terá lugar o vindeiro 13 de abril na Facultade de Ciencias da Educación da USC. Este proxecto conta coa participación dun total de once socios académicos e tecnolóxicos de seis países da Unión Europea.
-
Desde o pasado mes de novembro, un equipo liderado desde a Universidade de Vigo e con participación da Universidade da Coruña e do Centro Avanzado de Tecnologías Aeroespaciales Catec, está a desenvolver o proxecto Eagle, de Dixitalización do espazo aéreo e mariño para o despregue de sistemas aéreos non tripulados aplicados ao mantemento de parques eólicos offshore.
-
O proxecto AWARE conta con máis de cinco millóns de euros para desenvolver, na rexión italiana de Puglia, un sistema acuapónico que combina a acuicultura tradicional coa hidroponía, o cultivo de plantas na auga, a partir do uso de augas residuais rexeneradas.
-
O Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acolle, os días 9 e 10 de marzo, as xornadas sobre a Web: Creatividade Científica, Innovación Tecnolóxica e Sociedade, que organiza o Centro de Investigación en Filosofía da Ciencia e da Tecnoloxía en colaboración coa Sociedade de Lóxica, Metodoloxía e Filosofía da Ciencia de España.
-
A Universidade da Coruña e a plataforma EDUCA organizan por sexta vez consecutiva o Congreso Mundial de Educación EDUCA 2023. Un congreso que terá lugar no Campus de Elviña entre os días 2 e 4 de marzo. A día de hoxe xa está confirmada a participación de máis de 400 profesionais da educación procedentes de diferentes lugares de España e outros países como Portugal, EEUU., México, Perú ou Costa Rica.
-
Datos, electrónica e toponimia serán os tres eidos temáticos sobre os que pivotará a primeira Nerd Nite de 2023. A Nave de Vidán acollerá o vindeiro 22 de febreiro, a partir das 20.30 horas, a próxima sesión destas charlas científicas, coordinadas polo catedrático da USC Jorge Mira, onde especialistas dialogan co público das disciplinas que lles apaixonan fóra do ámbito académico, nun ton distendido e en horario nocturno.