Notas
-
A arte “como dimensión definitoria do ser humano” e como “expresión simbólica coa que, ademais de representar ou evocar unha realidade externa ou interna, podemos tamén transformar esa realidade” constitúen, como explicou o presidente da Aula Castelao, Alexandre Cendón, o fío condutor da XXXIX Semana Galega de Filosofía.
-
O 19º festival internacional de cinema Play-Doc (Tui, do 26 de abril ao 1 de maio) presenta unha nova entrega desta proposta que leva o cinema máis aló da pantalla tradicional. A través dun percorrido nocturno guiado pola cidade monumental de Tui, os espectadores descubrirán como unha serie de instalacións e espectáculos audiovisuais transforman espazos históricos normalmente pechados ao público.
-
Do 20 de abril ao 6 de maio, a cidade de Ourense volverá acoller unha nova edición, a 28ª, da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (Miteu). Baixo o leva A mostra dunha cidade. O teatro dunha universidade, a cita contará con 20 espectáculos, principalmente de teatro universitario e profesional pero tamén de música, circo e danza ofrecidos por compañías estatais e foráneas. Entre elas, as aulas escénicas da Universidade de Vigo terán un papel destacado.
-
A presentación na Facultade de Matemáticas, do novo modelo da calculadora ClassWiz, que por primeira vez inclúe o galego entre as súas opcións de configuración, serviu de colofón ao programa de actos que este centro impulsou en marzo co gallo da conmemoración do mes das Matemáticas. Ao longo das últimas semanas, esta Facultade deu pulo a exposicións ou certames, entre outras actividades.
-
O que fora profesor da USC e presidente da Xunta de Galicia, Emilio Perez Touriño, acaba de presentar en Bruxelas, no hub de prensa do Parlamento Europeo, o seu libro El horizonte europeo, editado na colección Ensaio do selo USC Editora, pertencente ao Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da institución compostelá.
-
'As producións artísticas, a lectura e o xogo están unidos por numerosos elos comúns. Todos eles, desde a creatividade e a imaxinación, configuran un espazo propicio para a descuberta, a liberdade, o pensamento diverxente e a adquisición dun elenco de experiencias, que transforman a nosa percepción e favorecen os procesos de socialización'.
-
Como cada verán dende hai seis anos, o Cinbio, Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina, celebrará entre os días 20 e 21 de xullo o seu Annual Meeting. Esta cita, organizada polas investigadoras e investigadores de posdoutoramento do centro, ten como obxectivo reunir científicas e científicos interesados nas áreas de química, bioloxía, medicina, física, matemáticas e informática, apostando así por unha xuntanza de carácter interdisciplinario.
-
A conferencia da secretaria de Estado de Cooperación Internacional, Pilar Cancela, sobre a cooperación española no marco da Axenda 2030 abriu esta mañá no Paraninfo da Reitoría a Semana Internacional da Universidade da Coruña, na que participan preto de cen profesores e persoal de administración e servizos de universidades de máis de vinte países.
-
Un estudo acouta os riscos para a saúde que parte da literatura científica atribúe ao cambio de horaOs estudos científicos que cuestionan a viabilidade do cambio estacional de hora ao atribuírlle efectos nocivos na saúde humana poderían estar a xerar unha alarma innecesaria. Os investigadores da USC Jorge Mira Pérez, e da Universidade de Sevilla, José María Martín Olalla, analizaron os 13 artigos máis citados neste campo, utilizados en informes de avaliación da Comisión Europea para cuestionar a viabilidade da práctica do cambio de hora.
-
Galicia atópase á cabeza do consumo de prensa de papel, ademais de ser a comunidade que se declara máis informada no referente á actualidade política e tamén a de maior consumo de medios dixitais. Son algunhas das conclusións dunha sondaxe presentada na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC e elaborada por Metroscopia e a Fundación AXA para o foro independente Xornalismo 2030.