Notas
-
Preto de cen profesores e persoal de administración e servizos de universidades de máis de vinte países participarán na Semana Internacional da Universidade da Coruña que terá lugar do 27 ao 31 de marzo. O Paraninfo da UDC acollerá o día 27 o acto de inauguración, e a clausura da o venres 31, mentres o resto das actividades terán lugar na Facultade de Ciencias da Educación.
-
O proxecto iRead4Skills centrarase en avaliar e reducir as carencias en competencias lectoras das persoas adultas con baixo nivel de alfabetización, promovendo así o desenvolvemento das súas competencias fundamentais e transversais. O Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS) axuntará esforzos con outras sete institucións europeas para mellorar este tipo de formación.
-
O lobo feroz xa non se agocha baixo o disfrace de avoa, agora agarda as súas vítimas escondido nas redes sociais. E é que aínda que a sociedade ten avanzado moito no eido da igualdade e da diversidade de xénero, 'as carapuchiñas do século XXI non se libran do acoso dos lobos a través das pantallas'.
-
Promovido polo Club Peña Trevinca, coa colaboración da Universidade e o Concello de Vigo, o II Ciclo de Montaña, Medio Ambiente e Cambio Climático Cidade Vigo desenvolverase entre os día 21 ao 23 de marzo no Auditorio do Concello, centrado na escalada en Alaska, os lumes e a emerxencia climática, e programado arredor da celebración o 26 de marzo do Día Mundial do Clima.
-
Dirixida polo egresado Miguel Gómez Abad, Cando o tempo acabe é unha curtametraxe de ciencia ficción nacida como traballo de fin de grao (TFG) de varios estudantes da Facultade de Comunicación, que formará parte das programacións tanto do Festival Internacional de Cine de Málaga como dun dos principais escaparates cinematográficos do mundo, o Festival de Cannes.
-
O equipo investigador da UDC, composto polas profesoras Marta Rey García, como investigadora principal, Vanessa Mato Santiso e Noelia Salido Andrés, e a estudante de Doutoramento Violeta Bouzada Novoa vén de publicar o libro 'Construyendo ecosistemas de innovación social. La contribución del Tercer Sector de Acción Social a una transición digital y ecológica justa en España'.
-
'Elas. As voces do sector' era o título da mesa de debate que, no marco dos actos conmemorativos do 8M, reuniu este xoves no campus a profesionais da comunicación e da industria musical, co obxectivo tanto de percorrer as súas traxectorias, como de reflexionar sobre as desigualdades, desde a fenda salarial ata o teito de cristal, ás que as profesionais teñen que enfrontarse no mercado laboral.
-
O xacemento de Melka Kunture, en Etiopía, constitúe un 'referente internacional fundamental' no estudo do desenvolvemento evolutivo, condutual e tecnolóxico dos primeiros representantes do xénero homo en África, especialmente do Homo ergaster/erectus. Un equipo internacional no que participan membros do GEAAT da UVigo acaba de rematar unha nova campaña arqueolóxica neste enclave no que se investigan 'as fases antigas da evolución humana en África'.
-
A Universidade de Vigo acollerá un ciclo de relatorios sobre o decrecemento. Organizado polo Ateneo Atlántico de Vigo, xunto coa UVigo e a Rede para o Decrecemento Eo-Navia, Galiza, O Bierzo, o obxectivo será reflexionar arredor do crecemento desmesurado da economía e a necesidade de entrar nun período de decrecemento.
-
Cando a docente e investigadora do Departamento de Filoloxía inglesa, francesa e alemá da Universidade de Vigo Helena Cortés Gabaudan recibiu o encargo da editorial Arpa de escribir unha biografía de Johann Wolfgang Goethe decidiu a aceptar o reto.