Skip to main content

Notas

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
  • A revista Minius. Historia, Arte e Xeografía, acaba de lanzar o seu número 27, estando xa dispoñible na rede para a súa descarga de balde. Nas súas 470 páxinas, esta publicación do Departamento de Historia, Arte e Xeografía da Universidade de Vigo recolle un total de 13 artigos e tres reseñas que abranguen áreas moi diversas, desde a arqueoloxía á xeografía.
  • 'É un ano moi especial e sentímonos moi alegres porque estamos celebrando ese recoñecemento da UNESCO como modelo de boas prácticas co patrimonio cultural inmaterial. Un recoñecemento ao traballo de moitos centros educativos, docentes, e tamén familias que ao longo destes xa vinte e oito anos foron tecendo unha rede de complicidade arredor do patrimonio común galego-portugués', subliñou Santiago Veloso, coordinador da asociación.
  • 'Juana de Vega, Condesa de Espoz y Mina (1805-1872): facer no século' é a mostra organizada pola Fundación Juana de Vega con motivo do 150 aniversario do falecemento da coruñesa e que pode visitarse ata o 5 de abril no claustro alto do Colexio de Fonseca da USC. Juana de Vega desenvolveu unha intensa actividade benéfica e social, unha muller progresista e liberal, avanzada para a súa época, que deixou unha gran pegada non só na cidade da Coruña senón tamén en toda Galicia e resto do Estado.
  • Máis de 40 centros educativos realizarán os seus programas desde diversas emisoras de radio, preto de 2000 estudantes de institutos e centros universitarios de toda a Eurorrexión-Galicia norte de Portugal celebrando xuntos o Día Mundial da Radio. O luns 13 de febreiro, desde diferentes radios e centros de ensino de toda Galicia e norte de Portugal, realizaranse máis de 15 horas de radio en directo.
  • Este venres, a Praza do Bispo Cesáreo, situada no centro da cidade de Ourense, acollerá unha nova edición da feira divulgativa eXXperimenta en Feminino, organizada pola Facultade de Ciencias, a Escola Superior de Enxeñaría Informática, a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e a Escola Universitaria de Enfermaría do campus de Ourense co apoio do Concello de Ourense. En 13 postos abertos ao público, as persoas interesadas poderán achegarse a “descubrir a maxia da ciencia da man das investigadoras do campus de Ourense”.
  • O Campus Remoto da Universidade de Vigo acolleu a celebración da sexta edición de Expouniversitas. Forum de Innovación e Investigación Educativa. Nesta ocasión foron 40 os traballos presentados e postos en valor neste foro por parte de membros da comunidade universitaria, principalmente alumnado e profesorado da UVigo pero tamén de institucións académicas foráneas.
  • 'Creahlands MOOC, Xestión creativa do patrimonio e a paisaxe rural' é o título do curso en liña que inaugura a nova plataforma de educación en aberto da Universidade da Coruña. Os MOOC (Cursos online masivos e abertos, polas súas siglas en inglés) son cursos por Internet, aos que se pode matricular calquera persoa sen límite de participantes.
  • Youtubeiras, proxecto promovido por USC, UDC e UVigo, así como polos servizos de normalización lingüística de doce concellos e da Deputación da Coruña, co obxectivo de fomentar a creación no Youtube en galego con temáticas e formatos diversos, coa vontade de promover e outorgar visibilidade aos diferentes perfís de persoas xeradoras de contidos na Rede, deu a coñecer esta fin de semana os nomes das persoas gañadoras da edición de 2022.
  • O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou onte na Cidade das TIC da Coruña no acto de presentación dos primeiros avances do que será o maior estudio audiovisual virtual de España xunto con María González Veracruz, secretaria de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais, Inés Rey, alcaldesa da Coruña, Julio Abalde, reitor da UDC, o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e Jorge Algora, presidente do Clúster Audiovisual de Galicia.
  • Do 24 de febreiro ao 5 de maio, a Facultade de Dereito do campus de Ourense acollerá a celebración da acción formativa 'Jean Monnet O Pacto Verde Europeo. Análise e perspectivas'. O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer e fomentar o debate sobre a política e o dereito ambiental da Unión Europea no marco deste documento, que guiará a acción ambiental no ámbito europeo nos próximos anos.