Skip to main content

Notas

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
  • Rolf-Dieter Heuer, director do CERN entre 2009 e 2015, será o protagonista da Semana da Ciencia do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da USC e da Xunta de Galicia. Nesta quinta edición, o físico alemán impartirá unha charla de divulgación sobre o bosón de Higgs, a partícula que supuxo un fito na historia da ciencia e acaparou a atención de todos os medios de comunicación e a sociedade hai agora unha década.
  • 'Un filme en tres actos que son tamén tres conversas entrelazadas e interxeracionais entre distintas mulleres que contan as súas experiencias de amizade, de medo, de resistencia, no espazo público'. Preséntase así 'Tódalas mulleres que coñezo', un documental da realizadora Xiana do Teixeiro que se proxectará o vindeiro luns na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da UVigo.
  • A Universidade de Vigo será a encargada de organizar e acoller entre os días 14 ao 16 de xuño do vindeiro ao o congreso EUNIS2023, European Universities and the digital transformation: Challenges and opportunities ahead. A European University Information Systems, EUNIS, é a organización europea de sistemas de información universitarios e o seu principal obxectivo é axudar ás institucións membros a desenvolver os seus sistemas informáticos, compartindo experiencias e traballando xuntos'.
  • O salón de actos da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña acollerá este mércores a conferencia de Julián Salas, 'Construíndo con recursos escasos. Contra a fame de vivenda en África'. Julián Salas implementou tecnoloxías apropiadas e apropiables e desenvolvementos metodolóxicos para construír en lugares do sur global onde podería parecer imposible construír.
  • O Xardín das Pedras que Falan, en Santiago de Compostela, alberga dende este venres dúas inscricións dedicadas ao poeta galego José Ángel Valente e ao poeta sirio Adonis, presentadas nun acto que contou coa presenza do alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo; do propio Adonis, que se desprazou expresamente dende París, onde vive exiliado; e de Claudio Rodríguez Fer, director da Cátedra Valente de Poesía e Estética.
  • 'O futuro é galego, e o futuro é en feminino', conclúe a cociñeira Lucía Freitas en 'Superheroínas'. A afirmación podería ser o lema da segunda serie que USC e RAG presentaron na Facultade de Ciencias da Comunicación. A produción audiovisual realizouse no marco do proxecto 'Novas voces para a lingua', que procura outorgar visibilidade e promover o uso cotián do galego entre a mocidade dándolles voz a novos creadores e creadoras.
  • 'A revolución nos oficios tradicionais mediante a innovación' é o título dun ciclo de obradoiros e coloquios que a Uvigo promove neste mes de novembro e que permitirá achegarse, dun xeito diferente, á fabricación artesá de cestas, zocas ou gaitas. Este ciclo está dirixido a dar visibilidade e pór en valor estes oficios tradicionais, pero tamén a pór o foco en como a través da innovación estes traballos mantéñense vixentes no século XXI.
  • Cumieira das Letras. Así bautizou o Departamento de Filoloxía Galega e Latina da UVigo o seu novo proxecto, unha revista de periodicidade anual coa que buscan dar a coñecer traballos científicos en galego sobre a lingua, literatura e cultura galegas. 'Cumieira das Letras Galegas, non leva este apelido no seu nome oficial, pero podería levalo porque ese é o motivo da súa propia existencia, as letras galegas', tal e como explica o seu director, o profesor Alexandre Rodríguez Guerra.
  • O Terra Creative Jam, un evento creativo e de innovación para a xeración de ideas impulsado pola USC e a incubadora Lug Open Factory, deu lugar a un laboratorio de ideas no marco do que 65 rapaces e rapazas chegados de toda Galicia participaron en diferentes obradoiros, ao tempo que resolveron desafíos sociais, ambientais e tecnolóxicos e propuxeron iniciativas orientadas a revitalizar o medio rural.
  • A República Popular China é un dos países máis antigos e máis poboado do mundo, con máis de 1400 millóns de habitantes. Tamén é a primeira potencia económica mundial por PIB. Todas estas características fan del un foco de especial interese desde calquera punto de vista que se poida prantexar, desde o cultural ao empresarial.