Skip to main content

Notas

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
  • O Foro dos Recursos Mariños e Acuicultura das Rías Galegas (ForoAcui) celebrará os días 6 e 7 deste mes de outubro, no Auditorio Municipal de O Grove, a súa vixésimo cuarta edición asentado como espazo de referencia para comunicar e debater a realidade e as perspectivas de futuro da pesca, o marisqueo e a acuicultura en Galicia.
  • Os galardóns da Sección Oficial entregaranse este venres 30 no Auditorio Municipal nunha gala na que se darán a coñecer o Premio Xacobeo e o Premio do Público; e os premios de OUFF en Curto e Fas Muvis terán o seu acto de entrega o sábado 1 de outubro no Teatro Principal. O xurado da Sección Oficial de Longametraxes está composto por Alfonso Zarauza, Marta Villar, Belén Macías, Frank Spano e David Bonneville.
  • O Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (CiQUS) colaborará coa Misión Biolóxica de Galicia do CSIC (MBG) na posta en funcionamento dunha Unidade Asociada, cunha vixencia inicial de tres anos de duración, no ámbito do Biocontrol de cultivos. Por parte da USC atópanse implicados nesta Unidade conxunta co CSIC, Fernando López, actualmente científico titular do CSIC asignado ao CiQUS, José Luis Mascareñas e tamén Beatriz Orosa.
  • Da fidelidade á traizón, da felicidade á dor, o papel que a idea de amizade xoga tanto nas relacións persoais como no propio comportamento e desenvolvemento do individuo constitúe un dos eixos temáticos con maior presenza na historia do cinema. 'Mostrar algúns dos itinerarios que o cine escolleu para ilustrar unha esfera relacional tan intensa' constitúe, como destaca o programador Suso Novás, o obxectivo central de ...Ten un tesouro
  • Máis de 6000 persoas participaron o pasado ano nas actividades da primeira edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras (G-Night), organizadas e desenvolvidas por preto de medio millar de investigadoras e investigadores, así como por persoal técnico, e coordinadas pola UVigo, que lidera un consorcio formado por unha decena de socios, entre os que se atopan as universidades de Santiago de Compostela e A Coruña e organismos de investigación.
  • A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte... nas Ondas! presenta catro programas en catro cidades polas que pasa o Camiño de Santiago para recolleitar o patrimonio inmaterial que tamén se xerou ós albores das rutas xacobeas. Serán Cea, Tui, Sarria e Santiago as que acollerán os obradoiros de A Radio do Patrimonio, nos que colaborarán varios centros educativos sendo o propio alumnado o que exerza de xornalistas.
  • Este venres comeza a sexta edición do GFFF, un festival de cinema diferente e gamberro, cheo de sentido de humor e cunha sección oficial pensada para deixarnos 'co cú torcido'. O festival inaugúrase coa proxección de The Hunchback of Notre Dame, filme mudo de 1982 musicado en directo e para a ocasión por Caspervek Orquestra, con 11 músicos en escena.
  • A Noite europea das persoas investigadoras 'G-Night' desenvolverase o venres 30 nas cidades galegas baixo o lema 'Conciencias creativas' coa vontade de levar a ciencia ás rúas. No caso da USC, decenas de obradoiros de divulgación científca e relatorios diversos ateigarán o claustro do Colexio de Fonseca en Compostela, así como o Vello Cárcere de Lugo.
  • 'Vivín nunha especie de oasis no medio da barbarie'. Así definiu Xosé Manuel Beiras a súa infancia en galego, feito que fixo que o seu compromiso co idioma fose, dende as súas orixes, algo 'natural'0, froito da súa procedencia familiar. Vida e vínculo co idioma fusionáronse no discurso de agradecemento que o profesor Beiras pronunciou no Paraninfo da Universidade, ao recoller o Premio Luis Porteiro Garea.
  • O Foro dos Recursos Mariños e Acuicultura das Rías Galegas (ForoAcui) celebrará os días 6 e 7 do vindeiro mes de outubro, no Auditorio Municipal de O Grove, a súa vixésimo cuarta edición asentado como espazo de referencia para comunicar e debater a realidade e as perspectivas de futuro da pesca, o marisqueo e a acuicultura en Galicia.