Notas
-
A revista 'Minius' lanza un novo número apostando polo seu carácter interdisciplinar e internacionalO número 26 da revista Minius. Historia, Arte e Xeografía, xa está dispoñible na rede. Nas súas 440 páxinas recóllese un total de 15 artigos e dúas recensións que abranguen temáticas pertencentes á historia, á historia da arte e á xeografía e que confiren á publicación un carácter interdisciplinar. Nesta ocasión, a revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía da Universidade de Vigo aposta ademais por avanzar no seu carácter internacional.
-
A curtametraxe francesa ‘L’enfant salamandre’ de Théo Degen foi escollida como a peza gañadora da Sección Oficial na 15ª edición do Festival Internacional de Cinema de Bueu, levándose o Primeiro Premio e unha cuantía económica de 2.000 euros. O concelleiro de Cultura de Bueu, Xosé Leal, foi o encargado de entregar o galardón logo do anuncio feito por Luis E. Parés en representación do Xurado Oficial.
-
Este xoves arrancou a celebración da Mobile Week Ourense 2022, cita impulsada por la Deputación de Ourense e Mobile World Capital Barcelona e apoiada entre outras institucións pola Universidade de Vigo. Ata o 18 de setembro, desenvolverase unha intensa programación enfocada a xerar interese pola tecnoloxía e evitar o risco de exclusión dixital que terá entre os seus escenarios a Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense.
-
Sensogenoma22 é un proxecto de investigación no que, por primeira vez e a grande escala, ciencia e música danse a man para loitar contra diferentes enfermidades. Así, o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) e a Real Filharmonía de Galicia dan pulo a esta colaboración interdisciplinaria que ten por obxecto 'buscar as bases biolóxicas do estímulo musical' coa vontade de 'iluminar novas dianas terapéuticas'.
-
O Campus de Lugo da USC converterase este mes nun dos escenarios escollidos pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) para celebrar o recente nomeamento de Juan Rof Codina, impulsor da Veterinaria en Galicia e en España, como ‘Científico Galego do ano 2022’. O relatrorio 'O primeiro influencer veterinario', a cargo do investigador da USC e doutor en Veterinaria Diego Conde, quen é especialista en Juan Rof Codina, abrirá os actos.
-
Desde 2018 e da man da Vicerreitoría do campus, Pontevedra é unha das 70 localidades de España inseridas na programación de Docs del Mes, un ciclo de cinema documental que, co inicio do novo curso, retoma a súa programación o vindeiro luns 19 na Casa das Campás con El secreto del doctor Grinberg.
-
O Concello de Paradela vai revitalizar tres tradicionais romarías do Concello, con motivo de celebrar o bicentenario da institución municipal. A primeira, é a da Pena Redonda, este domingo. E logo virán A das Dores, na capital do concello, o fin de semana próximo, e a de Castro de Rei de Lemos, nos primeiros días do mes de outubro. A ermida de Pena Redonda está situada no cumio do Monte de A Trapa, e desde ela divísanse terras de Portomarín, Taboada, O Páramo, Guntín e Taboada.
-
O Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero da USC programa o 8 de setembro as XIV Xornadas de Formación e VI Xornadas Internacionais de Educación, Xénero e Igualdade, unha actividade ao que busca promover un modelo de convivencia igualitaria e de relacións interxénero equitativas e democráticas.
-
O actor Miguel de Lira (Miguel Domingo García), que debe o seu nome artístico aos seus orixes na parroquia de Santa María de Lira, no concello de Carnota, recibirá o Premio Cinema Galego do FICBUEU 2022. Este galardón recoñece cada ano a traxectoria na industria audiovisual galega de profesionais do sector, uníndose a anteriores premiados como Alfonso Agra, Antonio Durán ‘Morris’, Mabel Rivera, Luis Zahera ou Melania Cruz.
-
Coa selección de 39 empresas comezou a conta atrás para a celebración da novena edición do Pont-Up-Store, que se desenvolverá o 23 e 24 de setembro en Pontevedra. O comité organizador desta iniciativa, promovida polo Grupo G4 Plus da Universidade de Vigo, liderada polo Campus CREA, escolleu entre 150 candidaturas recibidas a 39 startups galegas, que destacan pola innovación e a creatividade das súas propostas.