Notas
-
52 universidades, consorcios e empresas de toda Europa forman parte do proxecto European Language Equality (ELE) que ten como finalidade acadar a plena igualdade lingüística no continente en 2030. Para chegar a acadar este obxectivo, os parceiros desta iniciativa levan meses avaliando o estado actual da tecnoloxías lingüísticas dos diferentes idiomas europeos.
-
O espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña, NORMAL, situado no Campus de Riazor énchese de propostas para este mes de xuño. O primeiro foi 'Ciencias e letras futuras, recital de textos do Obradoiro de Escrita da Área de Cultura', obradoiro desenvolvido no segundo cuadrimestre deste ano, conducido por Estíbaliz Espinosa e presentado este luns.
-
Por que algunhas especies viven nunha parte determinada da Terra e non en outra? Débese a que as condicións non son axeitadas para vivir alí ou porque non foron quen de chegar? Unha investigación liderada pola USC, e na que participan a UVigo, o Museo Nacional de Ciencias Naturales de Madrid e o Natural History Museum de Londres, achega luz a estas cuestións.
-
Entre a programación do proxecto de especialización do campus de Ourense como Campus Auga está a realización cada dous anos dun congreso internacional co que fomentar a colaboración internacional entre persoal investigador arredor dos recursos hídricos e proxectar a visibilidade deste proxecto. Tras a pandemia, a iniciativa volve á palestra e o IV Congreso Internacional da Auga, co lema Dereito e Auga no Horizonte 2030, celebrarase os días 13 e 14 de outubro.
-
Do 7 ao 10 de xuño en Santiago de Compostela terá lugar o 9th International Workshop on Acoustic and Radio EeV Neutrino Detection Activities (ARENA 2022), o principal congreso bianual dedicado ao estudo e detección dos fenómenos máis extremos do universo, ao que acudirán ao redor de 70 especialistas de todo o mundo.
-
Youtubeiras é unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, O Grove, Moaña, Negreira, Pontevedra, Rianxo, Ribadeo, Rois, Santiago de Compostela e Teo, da Deputación da Coruña e das universidades da Coruña, Santiago e Vigo. Repartirá 7.500 euros entre as persoas gañadoras de oito categorías: canle, youtubeira/o, youtubeira/o revelación, vídeo, calidade lingüística, pioneiro, rede e o premio do público.
-
Como un evento 'de carácter transdiciplinar', que reúne expertos 'de áreas moi diferentes', e tamén 'altamente internacional', dada a participación de investigadores e investigadoras de diferentes universidades europeas e xaponesas, definiu o investigador José Andrés Santiago o simposio Manga in a postdigital environment, que este luns botou a andar na sede da Vicerreitoría do campus.
-
A Facultade de Ciencias do campus de Ourense acolleu unha xornada centrada no impacto que teñen os residuos e os incendios nos diferentes tipos de solos. Nela participaron dúas persoas referentes nestes eidos no contexto estatal, como son Raimundo Jiménez, do Departamento de Xeoloxía e Xeoquímica da Universidad Autónoma de Madrid, e Montserrat Díaz, do CSIC.
-
O proxecto ABILITI investiga de que xeito os sistemas de telepresenza poden previr o illamento no sistema educativo dos nenos e nenas con enfermidades graves e/ou crónicas. Este consorcio internacional do que forma parte a USC testa un robot físico que permite ao alumnado con enfermidades crónicas ou de longa duración participar en clase e mesmo en actividades extraescolares a través dunha app na súa tablet.
-
Analizar, poñendo o foco no manga, no cómic xaponés, as transformacións formais, estéticas e narrativas que as tecnoloxías dixitais teñen producido neste medio é o principal obxectivo do proxecto de investigación Estudos transdisciplinares sobre cómic, que o grupo dx5 (digital & graphic art research) da Facultade de Belas Artes da UVigo desenvolve co financiamento do Ministerio de Ciencia e Innovación.