Notas
-
Mañá, sábado, vaise celebrar en Bazar (Castro de Rei) un dobre acto conmemorativo dos cincuenta anos do Teleclub, hoxe Centro Cultural Ignacio Rey Stolle, e o centenario da construción da igrexa parroquial. Así mesmo vai ser presentada a web teleclubdebazar.org, confeccionada por Galicia Digital e patrocinada polo Concello de Castro de Rei.
-
A base de datos de recursos académicos, científicos e didácticos do Camiño de Santiago 'Rede Xacobea' é unha ferramenta de investigación que alberga datos actualizados dos investigadores vivos, institucións, actividades académicas e revistas dedicadas ao estudo do mundo xacobeo e as peregrinacións.
-
A Cidade da Cultura de Galicia celebra estes días a Residencia Literaria das REGA (Residencias Literarias do Gaiás) que conta coa participación de dez escritores e escritoras noveis, que están a intercambiar inquedanzas, experiencias e coñecementos creativos coa oportunidade de compartilas con grandes figuras do panorama literario actual, como son Sara Mesa e Berta Dávila.
-
'El viaje', unha curta realizada pola estudante de Belas Artes Claudia Pineda como traballo académico formará parte da programación dun dos principais escaparates cinematográficos do mundo, o Festival de Cannes. A súa peza foi un dos nove traballos realizados por estudantado de universidades e escolas de cinema seleccionados polo Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales.
-
O presidente da Xunta, na rolda de prensa posterior ao Consello, avanzou a aprobación do decreto polo que se fixan os prezos públicos dos servizos académicos e administrativos no Sistema Universitario de Galicia para o curso 21/22, de xeito que os estudantes seguirán pagando pola súa matricula o mesmo que hai 11 anos. Indicou que suporá un aforro de preto de 19 millóns de euros para as familias, precisando que Galicia volve situarse entre as comunidades máis baratas do Estado para cursar un grao ou máster universitario.
-
A conselleira de Política Social, Fabiola García, acompañou este xoves á primeira quenda de rapaces ao campamento xuvenil da Illa de Ons, onde desfrutarán de oito días de actividades e convivencia. A Xunta ven de iniciar a campaña estival 2021 que, a través de campamentos, minicampamentos e campos de voluntariado ofrecen ás mozas e mozos "un verán para recordar".
-
A conselleira de Política Social, Fabiola García, supervisou os preparativos da campaña de verán no albergue xuvenil Marina Española, onde van comezar a chegar os primeiros participantes. Durante a visita anunciou que a Xunta reforzará o protocolo de seguridade xa aplicado o ano pasado coa realización dunha proba de antíxenos gratuíta para participantes e monitores antes do inicio dos campamentos, minicampamentos e campos de voluntariado.
-
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez González, presidiu a reunión do padroado da Fundación Cidade da Cultura, na que se avanzaron as liñas centrais do II Plan Estratéxico Gaiás 2021-2027, folla de ruta que marcará a dirección do Gaiás nun período que estará marcado pola expansión da súa actividade.
-
A Xunta de Galicia vén de resolver a primeira convocatoria para impulsar a creación de Aulas de emprendemento nos centros que imparten ensinanzas de FP. En total serán 22 os centros galegos que incorporen o vindeiro curso actividades de emprendemento, que teñen como obxectivo seguir avanzando na calidade da formación que se ofrece na FP galega a través da iniciativa emprendedora do alumnado.
-
Juan Antonio Fernánfez Rodríguez era, para todas e todos, nos un valioso referente de fidelidade e compromiso coas ideas da Memoria, sociais e de progreso, que a pesar das adversidades mantivo toda a súa vida. Estará sempre con nos o seu exemplo e a súa entrañable lembranza. Para a súa filla Teresa e o seu neto, a nosa solidaria aperta.