Notas
-
Tanto a rendibilidade económica como a financeira non aparecen como factores significativos de supervivencia empresarial das empresas galegas, 'un resultado sorprendente, xa que son indicadores relevantes do éxito ou fracaso dunha empresa, polo menos cando hai unha situación normal da economía'.
-
Unha reflexión sobre os principais elementos definitorios da modernidade e a súa estética, que afonda nas obras e traxectorias dalgunhas das súas figuras de referencia, pero que o fai desde “percorridos alternativos”. Isto é o que Alberto Ruiz de Samaniego propón no seu libro 'Pintores de la vida moderna', que compila 21 ensaios centrados en autores como Edgar Allan Poe ou Marcel Proust.
-
O equipo do profesor da USC Sebastián Villasante, director do EqualSea Lab e pertencente a CRETUS, acaba de ser seleccionado polo Programa Pleamar 2021 da Fundación Biodiversidad para abordar unha nova etapa do proxecto ECOSER. Esta investigación xa avaliara entre 2019 e 2021 como os servizos dos ecosistemas das áreas mariñas protexidas (AMP) contribúen ao benestar das sociedades na súa contorna.
-
A Cidade da Cultura de Galicia despide o vindeiro domingo 9 de xaneiro a exposición 'Galicia futura. Todo o que imos ser', que chega á súa derradeira semana no Museo Centro Gaiás superando as 35.000 visitas e cunha media diaria de arredor de 250. Ademais, un milleiro de escolares participaron no programa didáctico dunha mostra que supuxo a volta presencial das visitas educativas presenciais tras a pandemia.
-
Comeza cedo no ano a programación poética do Concello da Coruña. Este luns 3 de xaneiro ten lugar o primeiro recital de 2022, dentro da 13ª edición anual de POETAS DI(N)VERSOS. O ciclo de recitais poéticos, fundado e dirixido por Yolanda Castaño, ten lugar en día luns, unha vez ao mes no Centro Ágora da Coruña, e reúne un/ha poeta en galego xunta outro/a do resto do mundo.
-
A Xunta conmemorará en 2022 o 20 aniversario do pasamento de Camilo José Cela, unha celebración que difundirá o legado do Premio Nobel e da casa-museo de Iria Flavia como centro cultural de referencia. Así se acordou na xuntanza do Padroado da Fundación Cela, presidida polo conselleiro de Cultura.
-
As tres universidades galegas e a Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia colaborarán na realización dun estudo sobre a incidencia do cambio climático na costa de Galicia, que incluirá as tarefas necesarias para completar o actual visor cartográfico que achega información sobre dúas variables: os riscos de inundacións e os da suba do nivel do mar.
-
O Maratón Fotográfico rende unha homenaxe a Carlos Valcárcel, un dos grandes valedores deste certame promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural, cuxos organizadores aproveitaron a entrega de premios e apertura da mostra das imaxes presentadas a concurso na Biblioteca Provincial de Lugo para facer unha emotiva semblanza do fotógrafo lugués recentemente finado.
-
O Foro Económico de Galicia, coordinado desde o campus de Ourense polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen), presentou este martes o documento 'Dixitalización. Galicia 2040', realizado pola súa unidade de investigación Galicia Grupo 2040. Nel destacan que a comunidade autónoma 'pode e debe tirar partido das oportunidades que achega a dixitalización, xa que conta con vimbios abondo para reducir a fenda tecnolóxica'.
-
'Sempre digo que son profesora, porque esa vocación vén da miña confianza no poder da educación e do coñecemento, os trazos da miña vida. Fíxenme investigadora para saber máis e poder transmitilo, a educación deume satisfaccións impagables'. Así se definiu a catedrática na área de Filoloxías Galega e Portuguesa da USC, Rosario Álvarez, ao recoller o premio Otero Pedrayo que este ano organiza a Deputación de Pontevedra.