Skip to main content

Notas

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
  • Ao longo deste 2021 o proxecto arqueolóxico de Armea, nado en 2011 no marco da colaboración entre o Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo e o Concello de Allariz, celebrou unha década de existencia. Para facer balance do traballo realizado e do seu impacto, vén de publicarse o libro 'Armea, 10 anos de actuación sobre o patrimonio cultural como motor de desenvolvemento rural'.
  • É a principal cita internacional sobre tecnoloxía e ensinanza de linguas e nela reúnense arredor de 250 persoas de países como Xapón, Australia, Brasil ou China. Este mércores arrancou a través do Campus Remoto da Universidade de Vigo a VI edición do Congreso internacional de lingua, lingüística e tecnoloxía, techLING2021, con cinco idiomas oficiais.
  • Poucas horas antes de que tivese lugar á súa inauguración oficial, dez estudantes do campus convertéronse nos primeiros protagonistas da sexta edición do Festival Internacional de Cine de Pontevedra Novos Cinemas, que, un ano máis, abría o seu programa de proxeccións cos resultados do obradoiro que cada curso promove xunto coa Vicerreitoría do campus.
  • Os escritores lucenses Claudio Rodríguez Fer e Saturnino Valladares presentarán os seus últimos poemarios –respectivamente *ADN do infinito*, editado en Galicia, e *Vaga-lumes ao meio-día / Luciérnagas al mediodía*, editado en Brasil– no Centro Sociocultural de Fingoi este martes. Trátase de dous poemarios de carácter principalmente amoroso, temática que tanto Claudio Rodríguez Fer en galego como Saturnino Valladares en castelán teñen cultivado intensamente.
  • A obra gañadora do VI Concurso Balbino de Relatos, Gumes entre a néboa, publicada por Edicións Fervenza, foi presentada esta fin de semana nun acto no que tamén se procedeu á entrega do premio ao gañador desta edición, Xosé Alfredo Naz Fernández, e que tivo como escenario o Museo do Mar de Vigo, na cidade natal do autor, e que contou co acompañamento musical de Mr. D. de 'Moon Cresta'.
  • Coas súas seccións competitivas centradas nos primeiros e segundos filmes de realizadores e realizadoras noveis, o Festival Internacional de Cine de Pontevedra Novos Cinemas desenvolverá entre o martes 14 e o domingo 19 de decembro a súa sexta edición. Ao longo da vindeira semana, proxectaranse no Teatro Principal os 13 filmes de diferentes países, a meirande parte deles estreas en Galicia, que foron seleccionados para as súas seccións oficial e Latexos, ao que se suman outra serie de proxeccións.
  • O vindeiro xoves terá lugar en Santiago a presentación do libro FUXINDO DA SAUDADE, do filósofo Pedro Rubal Pardeiro, e da web na súa honra, apoiada polo Concello de Alfoz, do que é Fillo Predilecto. Pedro Rubal, nonaxenario, é un especial caso de lucidez e esforzo, que desde hai máis dunha década publica semanalmente en GaliciaDigital un artigo no que, en base ao pensamento filosófico analiza acontecementos de actualidade con claridade e rigor.
  • A investigadora Lara Rouco Méndez desenvolve na tese de doutoramento, presentada naUSC baixo o título 'Estudo da aplicabilidade de catalizadores biométricos con actividade redox en procesos químicos e farmacolóxicos', novos modelos artificiais capaces de reproducir as función de enzimas con actividade redox.
  • Cada curso académico a mostra itinerante Exxperimenta en Feminino achégase a centros educativos galegos co obxectivo de visibilizar mulleres destacadas na historia da ciencia, a tecnoloxía e a enxeñaría. Este cuadrimestre, son sete os centros que acollerán unha exposición que forma parte das accións postas en marcha polo colectivo Exxperimenta en Feminino.
  • Despois das dificultades, cambios e cancelacións do 2020, este curso regresarán, e con forza, as actividades de divulgación científica e ciencia cidadá á Universidade de Vigo. As vicerreitoras de Investigación, Belén Rubio, e Comunicación e Relacións Institucionais, Mónica Valderrama, presentaron este luns no edificio Redeiras o programa Ciencia de ida e volta, o plan anual de actividades para o curso 2021-2022 da Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo.