Skip to main content

Notas

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
  • Vén de botar a andar este pasado luns 18 a X edición do Obradoiro Internacional de Tradución Poética “Con barqueira e remador”, que se celebra ao longo dunha semana de outubro na illa de San Simón. Fundado e coordinado pola tamén poeta e xestora cultural Yolanda Castaño dende hai unha década, a iniciativa desenvolvera unha edición en liña o pasado ano e neste 2021 volve á presencialidade, xustamente dende a que fora illa de corentena en certos períodos da historia.
  • 800 páxinas, máis de 32.000 entradas, 50.000 significados. Así é o Dicionario do Galego de Asturias, obra magna de Carlos Xesús Varela Aenlle, xeógrafo de formación, doutor en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo e académico correspondente da Real Academia Galega para o Eo-Navia. A obra naceu da necesidade de recoller a riqueza léxica da área lingüística dialectal da comarca do Eo-Navia, formada por 19 concellos do occidente de Asturias.
  • A Cátedra da Memoria Histórica da UDC en colaboración co Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación e a Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña organiza as xornadas virtuais “As Voces da Transición en Galicia: feminismo, ecoloxismo e asociacionismo”, os días 20 e 21 deste mes. Voltar a vista atrás para achegala ao presente é o que se pretende con estas xornadas, que recollerán o tecido de parte central do activismo social na Transición a través de voces autorizadas.
  • O 50 aniversario do Instituto da Lingua Galega (ILG) da USC centra dende este luns a vixésima primeira edición do seu simposio anual. 'O ILG naceu no ano 1971, durante o franquismo, e desenvolveu un papel protagonista na estandarización do galego. A súa relevancia era maior que a dun centro de investigación, tratábase dunha auténtica autoridade a nivel lingüístico', explicou o seu director Xosé Luís Regueira Fernández.
  • Tivo lugar na Biblioteca municipal de Miño (A Coruña) a presentación da exposición MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, sobre a vida e obra do escritor de Paradela. Ademais, presentouse o libro "Manuel Rodríguez López, 25 anos despois", que recolle traballos de 50 personaxes destacados da cultura galega sobre a figura de Manolo Rodríguez.
  • O Festival Internacional de Cine de Tui, Play-Doc, vén de botar o pano da súa 17ª edición, logo do peche da programación en liña a través da plataforma dixital FILMIN, e que incluíu, entre os seus contidos, as retrospectivas deste 2021 dedicadas a Manfred Kirchheimer e Bette Gordon, e a recuperación dos títulos do cineasta filipino Kidlat Tahimik que Play-Doc proxectou no 2019.
  • No marco dunha colaboración internacional entre o Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo (Geaat) e o proxecto de investigación europeo RAW RockArt, Words and Warriors (Arte Rupestre e Interacción Marítima na Europa Atlántica), o conxunto de gravados rupestres de Penedo do Muro (Sandín, Flariz, Monterrei, Ourense) foi recentemente obxecto da realización dun rexistro dixital de alta resolución.
  • 'É a tecnoloxía máis transformadora xamais desenvolvida pola humanidade, cun impacto sen precedentes en todo o relacionado co social, económico, laboral e de privacidade'. Así define o director científico do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS), Senén Barro, a Intelixencia Artificial (IA). Co obxectivo de afondar na IA e no seu marco normativo, o CiTIUS acollerá do 5 ao 8 de outubro unha serie de encontros con expertos que se sumarán á 'Semana Europea pola regulación da IA'.
  • 20 institucións e organismos, entre os que se atopa a UVigo, toman parte en Resonate (Resilient forest value chains – enhancing resilience through natural and socio-economic responses), un proxecto que ten como obxectivo definir unha serie de estratexias de resposta que permitan mellorar a resistencia e capacidade de adaptación dos bosques europeos ante os efectos do cambio climático.
  • A mostra rende homenaxe á novela 'La Colmena', un dos piares da obra do Nobel galego Camilo José Cela, co gallo do 70 aniversario da súa publicación, poñendo de relevancia os problemas do manuscrito para superar a censura e a súa publicación inicial en Bos Aires. O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou a mostra, que se poderá visitar ata o 1 de abril na sede da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, en Iria Flavia.