Skip to main content

Notas

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
  • O encontro científico da alianza SOMMa, a rede de Centros Severo Ochoa–Unidades María de Maeztu, ‘100xCiencia.5: International dimension of science’ botou a andar este venres na Cidade da Cultura. Trátase dun foro onde persoal investigador e directivo dos 57 centros españois con esta certificación de excelencia comparten con xornalistas e comunicadores especializados, un espazo para reflexionar xuntos sobre a necesidade da cooperación internacional para o progreso científico e social da humanidade no século XXI.
  • 250 persoas de países como Xapón, Australia, Brasil ou China participarán do 15 ao 17 de decembro na VI edición do Congreso internacional de lingua, lingüística e tecnoloxía, techLING2021, unha ventá ás principais novidades do momento en materia de tecnoloxías e ensinanza de linguas. Organizado polos profesores José Yuste, Óscar Ferreiro e Emmanuel Bourgoin, do Grupo de investigación Tradución & Paratradución da Facultade de Filoloxía e Tradución, a cita celebrase integramente en liña.
  • As profesoras da USC Mercedes Brea e Pilar Lorenzo Gradín presentaron este luns o volume de estudos interdisciplinarios centrado na relación entre Alfonso X e Galicia, e publicado polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. O acto, no que tomou parte o conselleiro de Cultura, Educación e Universidades, Román Rodríguez, serviu de prólogo a diversas efemérides que terán lugar ao longo desta semana, organizadas por diversas institucións, co gallo do 800 aniversario do nacemento.
  • Representación e reflexión combínanse nas I Xornadas Creación e Pensamento. Violencias á escena, un ciclo no que as artes escénicas se combinan con faladoiros dirixidos a pór o foco en problemáticas como a violencia machista, a situación das empregadas do fogar e os prexuízos asociados á idea do amor romántico na adolescencia.
  • Son moitas as ameazas ás que se enfrontan os ecosistemas galegos, que teñen que sobrepoñerse aos excesos de urbanización, resistir ás especies invasoras e adaptarse a escenarios cambiantes que estarán marcados polo cambio climático. Por iso a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) organiza, en colaboración coa Universidade de Vigo, as V Xornadas Galegas de Patrimonio Natural e Biodiversidade.
  • Os Encontros Internacionais de Filosofía no Camiño de Santiago centran a súa décimo sexta edición en ‘Pensar o mundo despois da Pandemia’, alén de concibirse como unha homenaxe á escritora galega Emilia Pardo Bazán. Dende o xoves 18 e ata o sábado 20, este foro desenvólvese en modalidade semipresencial na Facultade de Filosofía da USC e baixo a organización da Sociedade Interuniversitaria de Filosofía (SIFA) e a Sociedade Galega de Estudos Nipóns.
  • Acaba de saír de imprenta unha obra de carácter histórico-biográfico do senlleiro profesor do Seminario de Mondoñedo, Dino Pacio Lindín (Xemil, A Pastoriza, 1934). Leva por título 'Dino Pacio Lindín, o guía dunha vangarda cultural'. Foi escrita por dezaseis antigos alumnos e amigos, e coordinada polo profesor Manuel Rivas García. Os autores réndenlle unha homenaxe e deixan testemuña do aprecio que lle gardan ao seu mestre e guía nos anos mozos.
  • Bernarda Espida é un personaxe ficticio, creado polo escultor Xavier Costa, que cobra vida para relatar, desde o seu nacemento e ata a súa norte, a cámara dos horrores que o último terzo do século XX e o principio do XXI foi para moitas mulleres en diversos puntos do mundo. 54 pezas esculpidas ao longo de cinco anos en pedra, madeira e ferro, e por outros tantos gravados, que son o relato pictórico da historia desta heroína galega
  • Cinema Rabudo nace en Santiago de Compostela co fin de xerar un espazo de encontro para o audiovisual crítico e inconformista e incitar o debate e a reflexión sobre problemáticas sociais de actualidade. Feminismos, ecoloxismo, dereitos humanos, multiculturalidade e migracións son algúns dos temas que se tratan nas oito pezas que se proxectarán entre o 22 e o 26 de novembro.
  • Tras un ano de parón provocado pola pandemia, neste 2021 a Semana de Cine Submarino si poderá celebrar o seu trinta aniversario. E farao coa proxección de seis documentais entre este mércores 17 e o venres 19 nos que terá especial relevancia a vida oceánica e os tesouros da península ibérica.