Skip to main content

Notas

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
  • Ponte...nas ondas! segue recollendo diversas testemuñas de apoio á súa traxectoria. Escolas, Universidades, asociacións e personalidades de Galicia e Portugal están achegando o seu apoio a Ponte...nas ondas! neste 25 aniversario. Moitos destes apoios forman parte ademais da candidatura coa que, administracións galegas e portuguesas, impulsan a candidatura da asociación para optar á Lista das Mellores Prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO.
  • O Instituto da Lingua Galega (ILG) acaba publicar o sétimo volume do Atlas Lingüístico Galego (ALGa) dedicado ao léxico referido ao ser humano. O volume está constituído por 294 mapas que dan conta da variación léxica no dominio galego de conceptos vinculados coa familia, as relacións de parentesco, a vida en sociedade e certos oficios, en total máis de catro mil variantes léxicas para os case trescentos conceptos analizados.
  • Con Un lugar afastado o autor vigués Beto Luaces completa a triloxía iniciada en 2017 con Un lugar do común e ampliada en 2019 con Un lugar aquelado, dous volumes con grande éxito de crítica e acollida na denominada novela negra viguesa. Nesta obra triloxía Beto Luaces volve botar man dun feito real, a historia de Alfonso Graña, rei dos xíbaros, un dos personaxes máis fascinantes da historia de Galicia.
  • Lírica galego-portuguesa. Lingua, sociolingüística e pragmática é o segundo volume da serie de publicacións ArGaMed (Arquivo Galicia Medieval), iniciada co volume dixital O Códice de Florencia das Cantigas de Santa María (B.R. 20). Transcrición paleográfica (Elvira Fidalgo e Antonio Fernández, 2019) e destinada a difundir estudos ou edicións críticas ou paleográficas relacionadas cos proxectos medievalistas do CRPIH.
  • O grupo musical A Quenlla é o gañador da oitava edición do Premio Internacional APECSA 2020 de divulgación do Camiño de Santiago, convocado pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA). O Xurado, presidido polo vicepresidente da Asociación promotora, Luís Celeiro Álvarez, destacou e valorou o traballo destes artistas poñendo música e editando un CD, “Trobador no Camiño”, coas dez cantigas do trobador, Martín de Padrozelos.
  • A cuarta edición dos Premios Youtubeir@s, organizados polos servizos de normalización lingüística de dez concellos, das tres universidades e da Deputación da Coruña, dará a coñecer as persoas gañadoras dos seus doce premios a comezos do mes de decembro. Neste atípico 2020, por mor das circunstancias sanitarias, a organización do certame substituirá a gala de entrega por un formato dixital .
  • Diversos relatorios que se achegarán ao contexto histórico da emblemática revista Nós no ano conmemorativo do centenario do seu nacemento, integrarán as xornadas ‘Nós e o mundo. O mundo e nós’. O salón de graos da Facultade de Filoloxía da USC acollerá tres mesas redondas que se desenvolverán entre o 30 de novembro e o 2 de decembro.
  • O Museo do Mar de Galicia acolle ata o vindeiro 6 de decembro a mostra Identidades latentes, comisariada pola profesora do Departamento de Debuxo Ana Seoane e a artista Neves Seara, e coa participación de nove creadoras vinculadas á Universidade de Vigo: Bibi Martín, Teresa Búa, Melania Freire, Mar Ramón, Silvia García, Rebeca Lar, Itziar Ezquieta, Lisi González e Anubis Muñoz.
  • Este obradoiro de tradución colectiva e recíproca desenvolverá este ano as súas sesións intensivas de traballo a través da plataforma dixital á que se conectarán as poetas/tradutoras dende Beijing, dende a campiña polaca, dende o cantón italiano de Suíza, dende a capital eslovena, dende a illa de Mallorca e dende Marín. E tamén on-line será o evento capaz de compartir, con todo o público interesado.
  • A próxima cita do programa de poesía do Concello da Coruña chega este luns, mais adiantará media hora o seu horario habitual por mor das actuais restricións, e o limitado aforo cubrirase por orde de chegada ao Auditorio do Centro Ágora. Ademais, o evento poderá seguirse por streaming dende a web das Bibliotecas Municipais da Coruña. Os convidados desta sesión do noveno Ciclo POETAS DI(N)VERSOS serán Ángelo Néstore e Ismael Ramos.