Skip to main content

Notas

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
  • 'Viae Ad Limina Sancti Iacobi' é a colección máis querida do artista Chencho Pardo Valdés, quen gardou con esmero os debuxos relativos a Galicia e pasaron a formar parte da súa colección privada. Esta exposición sobresae pola calidade artística dos debuxos e a súa minuciosidade. A maiores, a caligrafía que acompaña ás obras plásticas ten o estilo propio do autor e enfía un interesante relato histórico que, á súa vez, estrutura a mostra, que poderá visitarse até o vindeiro 31 de outubro no Museo das Peregrinacións e de Santiago.
  • A profesora e escritora Charo Golmar presentou no compostelán Pazo de San Roque o seu último libro, Nobelo de luz, co que se estrea como poeta. Acompañouna o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, quen sinalou a obra “como un canto á diversidade, tamén lingüística, á maior comprensión a prol de construírmos un mundo mellor para todas e todos”. A presentación contou cunha lectura de poemas a cargo de Rosalía Morlán, Susi Arca e Loliña Chamadoira e cunha actuación musical de Manoele de Felisa e Begoña Blanco.
  • O Festival Internacional de cinema Play-Doc celebrarase na cidade de Tui do 23 ao 27 de setembro, despois de ter que pospoñer a súa décimosexta edición por mor da crise sanitaria. A organización do certame está a traballar, xunto co Concello da cidade, no deseño dunha edición especial e diferente que garanta a seguridade do público, dos invitados e do propio equipo, facéndoo compatible co pleno goce da programación e as actividades que terán lugar este ano.
  • A importancia da mestría e oficio deste xenio da arquitectura barroca propiciou que a Real Academia Galega decidise dedicar o Día das Artes Galegas deste ano á difusión da súa figura e traxectoria artística. Tendo en conta as especiais circunstancias na que se conmemorou esta data, o pasado 1 de abril a institución anunciou que ampliará a súa homenaxe ata 2021 e que levará a cabo unha serie de actividades e xornadas para difundir e poñer en valor a vida e obra de Domingo de Andrade.
  • Desde o martes 21 ao venres 24, A Coruña e o Camiño Inglés acollerán o EcomWay, unhas xornadas sobre a ruta xacobea destinadas a profesionais do turismo, a comunicación e o marketing. O EcomWay é unha experiencia de Comunicación 2.0 para dar a coñecer a cultura, patrimonio, gastronomía e sustentabilidade concienciando o peregrino na loita contra os malos hábitos. Este evento está organizado por Turismo da Coruña e pola Deputación da Coruña e conta coa colaboración da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, o Xacobeo 2021
  • As paisaxes do Barbanza-Arousa converteranse en escenarios emblemáticos que acollerán música e narración oral. ‘Paisaxes Sonoras’ nace coa intención de poñer en valor a riqueza da contorna buscando a asociación de cultura, identidade e patrimonio como reforzo do noso acervo. Así, as catro localizacións onde terán lugar as diferentes manifestacións artísticas, non pertencen ao circuito turístico máis recoñecido, senón que se caracterizan por estar vencelladas á poboación de xeito máis transversal.
  • Úrsula Heinze (Colonia, 1941) é unha escritora de orixe alemá afincada en Galicia desde 1977. A súa última achega literaria, Flashes, publicada por Edicións Fervenza, reúne case duascentas prosas breves en que a autora rememora con humor crítico diferentes instantes e incidentes da súa vida. Son, en palabras da propia Úrsula Heinze, “vivencias verdadeiras”, “os flashes iluminan distintas épocas do meu mundo e describen ambientes e persoas que me acompañaron ou que aínda hoxe están ao meu carón”.
  • A escritora Guadalupe Gómez Arto, natural de Curtis (A Coruña), é a gañadora do sexto certame poético Rosalía de Castro 2020. O xurado, presidido polo alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, reuniuse no salón de plenos da casa consistorial e acordou por maioría premiar a obra “No encanto do aire”, presentado baixo o lema “Gong” por Guadalupe Gómez Arto. Unha elección que se realizou tras varias votacións entre os traballos presentados nesta edición.
  • Os novos valores do cine lugués déronse cita no auditorio municipal Gustavo Freire no marco da gala do V Findecurta, un maratón audiovisual impulsado desde a Oficina de Cultura do campus de Lugo da USC ao abeiro do convenio Lugo Cultural no que tomaron parte máis de 70 persoas, agrupadas en sete equipos que concorreron ao certame con outras tantas curtas de novo cuño. Unha vez rematada a proxección das sete curtas completadas durante a última edición do maratón audiovisual Findecurta, o xurado deu a coñecer o seu fallo.
  • A Xunta de Galicia vén de publicar o segundo número das Guías DXT Galego ‘Volvendo con sentidiño’ elaboradas pola Secretaría Xeral para o Deporte e expertos das tres universidades galegas que xa foi enviado a todos os clubs e federacións deportivas de Galicia e pode ser consultado na páxina web do Deporte Galego. Este segundo manual versa sobre as ‘Recomendacións para a aceleración da reactivación e readaptación técnico/táctica do deportista para a súa motivación e achegamento progresivo ás esixencias do partido’.