Notas
-
Expourense, coa colaboración do Clúster da Comunicación de Galicia, celebrou unha edición especial do seu Foro da Comunicación de Galicia centrado en analizar cómo a pandemia ten influido na comunicación corporativa e nas relacións informativas entre institucións, empresas, gabinetes, medios de comunicación e cidadanía. Esta actividade, que se celebrou en formato híbrido, congregou a máis de 200 asistentes desde distintas partes de España ou desde as instalacións de Expourense.
-
Esta semana GIRL STEM conversa con dúas expertas no campo dos videoxogos e deportes electrónicos: Dhaunae de Vir, desenvolvedora de negocio transmedia, e Gisela Vaquero, deseñadora e guionista de videoxogos. As dúas forman parte do movemento Women in games, que axuda, promove e dá visibilidade ás mulleres desenvolvedoras e xogadoras de videoxogos, tanto estudantes, afeccionadas coma profesionais.
-
O Museo Gaiás acolle as obras finalistas da especialidade de graffiti do programa Xuventude Crea 2020. O programa Xuventude Crea, que este ano acada a súa 11ª edición, é un certame de creadores novos que pretende estimular e apoiar a imaxinación, creatividade e innovación dos mozos e mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, entre os 16 e os 30 anos.
-
Carme Varela obtivo coa súa obra As desterradas o Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais na edición do seu vixésimo quinto aniversario. O xurado dos galardóns literarios outorgou tamén o XIV Barriga Verde de textos para teatro de monicreques nas súas modalidades para adultos e para rapaces a Esther F. Carrodeguas por República Sideral e a Carlos Losada-Galiñáns por Pois eu!, respectivamente.
-
O ciclo de conferencias Luis Asorey 2020, que organiza a Real Academia Galega de Ciencias, centrarase este ano na biointensificación, analizando os retos de hoxe en día no ámbito da agricultura, gandería, sector forestal e alimentación. A RAGC decidiu dedicar este ciclo á memoria do Doutor Luís Asorey García, prestixioso médico que desenvolveu a súa actividade durante moitos anos na cidade de Lugo e que foi académico, secretario e vicepresidente da Academia.
-
Con motivo da celebración do Día do Patrimonio máis de cen entidades mobilizaranse na rede para dar visibilidade ó seu compromiso co patrimonio galego. Dende o ano 2017 as entidades adheridas á Rede do Patrimonio enchen o mapa de Galicia con actividades, roteiros, conferencias, visitas guiadas e moitas outras actividades. A situación sanitaria actual tamén implica un cambio no xeito de celebrar esta data.
-
Sara Plaza Moreno acadou o XXXIII Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé, un galardón instituído pola directiva do Círculo Mercantil e Industrial-Unidade de Fene en 1987 coa vontade explícita de honrar a memoria do Segrel do Penedo. O xurado encargado de fallar este premio, cuxa entrega está prevista para o 21 de novembro, estivo formado pola poeta Lucía Novas, a crítica literaria Iris Cochón e Carlos Lixó.
-
As estadías que, ao longo dos últimos anos, o profesor da Universidade de Vigo Alberto Pena realizou en universidades como Harvard, Brown, ou Massachusetts Dartmouth, permitíronlle constatar como, desde finais do século XIX, a inmigración portuguesa nos Estados Unidos promoveu a fundación de polo menos 167 publicacións impresas de diferentes periodicidades e formatos, tanto xornais, como semanarios ou magazines. Os resultados destes anos de pescuda en múltiples arquivos reúnense agora en 'News on the American Dream'.
-
Un ano máis a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! organiza obradoiros de radio nas escolas e institutos galegos e portugueses. Sendo fieis á súa traxectoria de difusión da radio nos centros escolares como recurso pedagóxico de achegamento aos medios de comunicación, estamos realizando talleres para ensinar e motivar ao alumnado co mundo radiofónico.
-
Contarán coa achega económica das Áreas de Cultura do Concello de Vilalba e da Deputación Provincial de Lugo, e a colaboración divulgadora da web Culturalia GZ. Este libro nace co motivo da conmemoración anual do 25 de Novembro coma Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra a Muller. Unha antoloxía que amosará desde unha vertente poética e crítica a visión particular de 25 artistas da palabra e da imaxe arredor do 25 N.