Skip to main content

Notas

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
  • Tres candidaturas concorren ao Premio José Couso de Liberdade de Prensa, iniciativa do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol, na súa décimo sexta edición: a actual correspondente de Televisión Española en Asia-Pacífico, Mavi Doñate; o recentemente cesado como director da Axencia Efe, Fernando Garea; e Lorenzo Milá, correspondente tamén de Televisión Española, neste caso en Roma.
  • O Director da MIT, Roberto Pascual, recolleu da man da ADE (Asociación de Directores de Escena de España) este recoñecemento que o colectivo concedeu ao festival galego por ser un exemplo de calidade artística e de xestión no ámbito das artes escénicas a nivel nacional e internacional. A MIT quere agradecer este recoñecemento, que reforza ademais a imaxe positiva do conxunto de todas as artes escénicas galegas, nun momento de especiais dificultades para a Cultura en Galicia.
  • O festival coruñés de cómic autoeditado acada este febreiro a súa duodécima edición, despois de seis edicións de verán e outras tantas de inverno. Máis dunha trintena de creadoras e creadores inscritos porán á venda as súas publicacións no encontro, que ademais contará cunha palestra sobre animación, curtas de animación independente, unha xincana de debuxo e para finalizar unha festa de disfraces.
  • Beleza, verdade é o titulo da antoloxía poética de Ricardo Carvalho Calero realizada por Pilar Pallarés, unha das máis aprezadas discípulas do escritor ao que este ano se lle deica o Día das Letras Galegas. O libro, un proxecto de Chan da Pólvora que se xestou durante varios anos, preséntase este xoves en Compostela, nun acto no que participarán Pallarés e Miguel Anxo Fernán Vello. A libraría do Chan da Pólvora é o lugar da cita. Esta é a segunda ocasión en que Pallarés se enfronta á poesía do autor ferrolán.
  • Hai cinco anos chegaba a Portugal a serie coa que os Bolechas triunfaban xa na Televisión de Galicia. Un éxito que se trasladou de inmediato ao país veciño, onde a popular familia xa era coñecida grazas aos máis de cen libros publicados en portugués. A emisión das aventuras destes queridos personaxes na Televisión Pública de Portugal (RTP) supuxo un novo impulso do proxecto que se traduciu en propostas editoriais, concursos de enorme éxito e na renovación da serie tempada tras tempada.
  • Entre os días 17 e 20 de febreiro celebrarase a segunda edición de Tempo da Psicoloxía, un proxecto organizado polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e a Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e que se desenvolverá na capital compostelá. Ao longo destes catro días, a sociedade dixital será obxecto de reflexión desde o enfoque da psicoloxía na súa interacción con diversos axentes sociais.
  • Colexios galegos e portugueses levan días traballando nas súas emisoras escolares cara ao evento que se celebrará este xoves onde, como cada ano, vaise conmemorar o Día Mundial da Radio. 'Ponte...nas Ondas!' convidou ás escolas a sumárense á celebración baixo a temática proposta pola UNESCO en 2020, que é a DIVERSIDADE en todas as súas manifestacións: diversidade cultural, de xénero, de idades, de nacionalidades, etc.
  • O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) acolle durante toda esta semana o II Maratón Internacional de Creación de Curtametraxes sobre o Camiño de Santiago. Trátase dunha actividade impulsada pola asociación Kino Galicia , á que asisisten, entre outros, o director e guionista Alber Ponte, a actriz Ana Arias (Cuéntame), a maquilladora Carmen Porto (Vivir sin permiso, Libro de Familia) ou o director e actor Evaristo Calvo (Mofa e Befa), entre outros.
  • A Orquestra Vigo 430 colabora habitualmente con grandes solistas de talla internacional, e a cita do próximo domingo día 16 é unha das datas destacadas da tempada 19/20. Celébrase o cuarto concerto da mesma, e estará íntegramente adicado á figura de Beethoven. Toda Europa está inmersa na celebración do 250 aniversario do nacemento do compositor de Bonn. A OV430, para celebrar unha cita tan especial, quedou coa mellor das opcións.
  • Mes a mes dende outubro ata xuño, continúan no Centro Ágora da Coruña as citas mensuais co mellor da poesía de Galicia e do resto do mundo que propón o Ciclo POETAS DI(N)VERSOS. E este vindeiro luns 10 reunirán a partir das 20:30h dúas voces poéticas que atravesan un dos mellores momentos das súas carreiras. Mentes inquedas e plumas ben recoñecidas das letras arxentina e galega, estamos a falar de Hugo Mújica e de Tamara Andrés.