Notas
-
A Consellería de Política Social vén de ampliar ata as 24 horas ao día, sete días á semana, o servizo de videointerpretación que ofrece a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG). Esta ferramenta permite que as persoas xordas poidan obter información ou comunicarse cos teléfonos de emerxencia, coma 112, 061, 012 ou o teléfono de información sobre o coronavirus 900 400 116.
-
A Central de Coordinación de Emerxencias Sanitarias de Galicia atendeu dende o inicio da pandemia un total de 195.041 chamadas. Deste total, 47.481 chamadas foron por temas relacionados co COVID-19. O conselleiro de Sanidadem destacou que o pasado 18 de marzo recibíronse 5.956 chamadas. Esta é a maior cifra de chamadas respondidas nunha xornada dende a creación do 061 en 1995, e son case 2000 chamadas máis que o número máximo acadado en períodos de gripe.
-
O teléfono de Atención e Información á Cidadanía -012- recibiu máis de 18.300 chamadas desde o inicio do estado de alarma ata o pasado martes, o que supón un 77% máis que nunha xornada ordinaria. Así, se o promedio de chamadas recibidas neste número é de 647, nos últimos 16 días superou as 1.100. O teléfono 012 está a canalizar, con carácter xeral, a atención á cidadanía, tal e como acordou o Centro de Coordinación Operativa (Cecop) do pasado 16 de marzo.
-
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) publica hoxe dúas guías para facilitar o teletraballo a empresas e autónomos e a cidadáns. Os documentos están dispoñibles xa nas webs do CDITC e Faite Dixital, e nelas poderán atopar información sobre ferramentas, necesidades e tecnoloxías que posibilitan o traballo en remoto. A información das guías complementarase con post diarios que se publicarán tamén nestes portais.
-
A Consellería de Sanidade amplía desde esta mesma mañá o horario do reforzo, de ata 100 teleoperadores, para a atención exclusiva do teléfono gratuíto 900 400 116 de información e consulta sobre o coronavirus que se manterá desde as 8,00 ata as 24,00 horas durante todos os días da semana. O reforzo do persoal teleoperador do teléfono 900 400 116 de información sobre esta enfermidade comezou o pasado martes 17 de marzo en horario de 9,00 a 21,00.
-
O teléfono de Atención e Información á Cidadanía -012- canaliza, con carácter xeral, a atención á cidadanía desde que en Galicia se decretou a emerxencia sanitaria como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19. Entre o luns e a mañá de hoxe este número recibiu máis de 2.500 chamadas, entre as 1.015 rexistradas entre as 08,30 e as 14,30 horas de hoxe, e as 1.560 ingresadas na mesma franxa horaria do día de onte.
-
O teléfono de Atención e Información á Cidadanía -012- recibiu 1.560 chamadas na mañá de hoxe, o que supón un 54% máis que nunha xornada habitual. O acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop) mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus, recolle que este teléfono canalizará, con carácter xeral, a atención á cidadanía.
-
Está formada por cerca de 130 postais de principios do século XX que amosan as primeiras fotografías coñecidas de peregrinos. Trátase dunha mostra itinerante que arrancou no Cebreiro o pasado mes de outubro e que foi facendo paradas ao longo do Camiño Francés ata chegar a Compostela, onde se poderá visitar ata finais do mes de abril. A través de dez paneis, a exposición propón viaxar no tempo partindo das catro vías históricas do Camiño Francés para entrar en España por Roncesvalles e Somport.
-
Este mércores da comezo a oitava edición do festival Atlántica de narración oral cun dos espectáculos clásicos deste encontro: a gala inaugural. Baixo o título de ‘Varios ventos’, boa parte dos artistas do Atlántica vanse xuntar para brindar un petisco da súa arte. Coa denominación de ‘Varios ventos’ faise alusión ás voces que desta volta van encher de contos o Festival Atlántica. Haberá tempo para a tradición oral aragonesa que tan ben coñece Sandra Araguas e para as historias do polifacético Fernando Saldaña.
-
O festival 'Alguén que respira!' reúne entre o 18 e o 20 de marzo en Compostela o máis escintilante cartel poético que existe en Galicia. Serán case cincuenta poetas e cinco estreas, entre elas o novo espectáculo de Rompente, a aposta de Mercedes Peón pola poesía ou unha homenaxe a Francisco Cortegoso. O programa conta coa presenza dalgunhas das voces máis impactantes do panorama galego e internacional.