Notas
-
O festival de artes escénicas USCénica 2020 bota a andar este mércores 1 de xullo e estenderase ata o vindeiro día 18. A primeira das representacións teatrais, ‘Os cans non comprenden a Kandinsky’, correrá a cargo da compañía AveLina Pérez e terá lugar na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño a partir das 20.30 horas. O concerto de jazz a cargo de Pablo Sanmamed Trío, a partir das 21.45 horas, na terraza do auditorio da Universidade, completa a programación desta xornada inaugural. -
A Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 312, deles 71 son da área da Coruña, 44 da de Lugo, 22 da de Ourense, 9 da de Pontevedra, 131 da de Vigo, 24 da de Santiago e 11 da de Ferrol. Do total de positivos, 4 están en hospitalización e 308 no domicilio. Non hai positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.615 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. As PCR realizadas son 179.717.
-
La Asociación Castaño y Nogal elevó el pasado 23 de junio un informe al Grupo de Trabajo sobre “Reactivación Económica” del Congreso de los Diputados con la identificación de 12 problemas y 18 propuestas integradasque serán remitidas a los grupos parlamentarios que componen la Comisión. El documento ya fue publicado en la web del Congreso y puede consultarse en el enlace <a href="https://bit.ly/2Yq1t75" target="_blank"><u>https://bit.ly/2Yq1t75</u></a>. -
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ven de publicar no DOG a oferta de Formación Profesional para o curso 2020/2021, na que se consolida a FP Dual. Nesta modalidade ábrese matrícula en 56 destes proxectos, entre eles o de grao superior en Termalismo e Benestar, que se implantará no CIFP A Farixa. Trátase dun título deseñado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional a petición de Galicia, que se implanta por primeira vez na Comunidade galega e nunha zona con tradición neste sector, Ourense.
-
Neste encontro on-line sobre mulleres autónomas e emprendemento, que se vai celebrar este venres, 26 de xullo, ás 10 h, van intervir o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca. Na videoconferencia, os participantes poderán coñecer as experiencias de catro mulleres emprendedoras. Mulleres protagonistas é unha iniciativa da Xunta que reúne a mulleres de distintos sectores en diálogo aberto coa Administración para escoitar propostas e realizar unha posta en común sobre os retos e dificultades do colectivo.
-
Este dato refírese ás 2.354 prazas en 97 especialidades diferentes convocadas para os corpos de mestres, de profesores de ensino secundario, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de música e artes escénicas, de profesores de artes plásticas e deseño, de profesores técnicos de formación profesional, e de inspectores de educación. O procedemento selectivo celebrarase en 2021.
-
Coincidindo coa súa onomástica e máis co cabodano do seu pasamento, este mércores estreará nova ubicación na Praza Maior de Lugo o busto adicado a Xoan Montes Capón, que despois de estar inicialmente na parte baixa de Santo Domingo, pasou décadas na Praza de San Roque, e agora ven para a Praza Maior, por iniciativa de diversos colectivos lucenses e do Concello de Lugo.
-
A programación cultural deseñada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, xestionado pola USC e que tamén conta co apoio económico do Concello de Lugo e da Deputación Provincial de Lugo, adáptase á nova normalidade xurdida logo da pandemia causada pola COVID-19 da man de ‘Na Bocanoite’, unha proposta que fusiona as visitas guiadas e musicadas das ‘Noites na Domus’ e as actuacións de música ao vivo previstas inicialmente no ciclo ‘Lubicán’. -
O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) acolle desde mañá Wonder Women, a primeira exposición que bota a andar nesta instalación e en toda a cidade de Santiago de Compostela tras a crise da covid-19. A mostra, comisariada polo director do centro, Santiago Olmo, repasa os cambios producidos ao longo das últimas décadas no mundo da arte contemporánea a través de obras da colección do centro realizadas por artistas mulleres. Permanecerá aberta ata o próximo 6 de setembro. -
Mantense aberto ata o venres 25 de xuño o prazo de inscrición na quinta edición do maratón audiovisual Findecurta, un certame impulsado desde a USC ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que se desenvolverá do 26 ao 29 de xuño. O certame coordinado por Bruno Maez pretende dar resposta ás inquedanzas de novos creadores audiovisuais en galego, tanto maiores como menores de idade, ao tempo que se busca ofrecer unha plataforma para facer visible o seu traballo.






