Skip to main content

Notas

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
  • Esta exposición, a través de preto dun cento de fotografías, obxectos persoais e documentos, recupera a memoria do gran fotógrafo que naceu en Castroverde (Lugo), en 1917 e morreu en Bascuas (Lugo), en 2015, e que se converteu nun dos grandes retratistas da segunda metade do século XX. Presidida polo Conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, a sede do Instituto Cervantes na capital francesa inaugurou o domingo esta mostra retrospectiva organizada pola Cidade da Cultura coa colaboración desta institución.
  • Do 23 ao 26 de outubro, AMAL ofrecerá 9 proxeccións no Teatro Principal de Santiago, entre as que se inclúen tanto cintas de ficción como documentais. No marco deste último xénero, na sesión inaugural do ciclo estrearase Nacido en Gaza, do documentalista arxentino Hernán Zin. Tras o filme, haberá unha charla coloquio con Ghaleb Jaber Ibrahim.
  • Este mércores vaise celebrar en Paradela a presentación oficial do libro OS MOSTEIROS DE SANTA MARÍA DE CASTRO DE REI E SAN FACUNDO DE RIBAS DE MIÑO (PARADELA-LUGO), orixinal do profesor Ángel Fernández López. Ángel Fernández, natural de Paradela, concello do que é Fillo Predilecto, foi Inspector de Educación e Delegado Provincial da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
  • Galicia estará presente nas Feiras Internacionais do Libro Líber, en Barcelona, e na de Frankfurt. A Feira Líber celébrase desde o mércores día 3 ata o venres 5. Pola súa banda, a de Frankfurt terá lugar do 10 ao 14 de outubro. Estas dúas feiras teñen un carácter comercial, que aproveitan as editoriais galegas para establecer relacións que contribúan a nutrir o sistema cultural galego.
  • Presentáronse onte no Pazo de San Roque os 'XXXVIII Cadernos Ramón Piñeiro. María Victoria Moreno. Palabra fértil no Tempo', un volume dedicado a afondar na figura da homenaxeada este ano co Día das Letras Galegas, que vén de publicarse co gallo da programación conmemorativa impulsada desde a Xunta. A obra conta cun limiar de Blanca-Ana Roig Rechou.
  • O Encontro, que terá lugar esta fin de semana en Santiago de Compostela organizado pola Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), ofrecerá charlas, unha mesa redonda, un obradoiro e dous eventos lúdicos arredor do mundo da ilustración. Todas estas actividades serán (salvo o obradoiro) gratuítas e abertas ao público xeral, e decorrerán na Unitaria e no Auditorio de Galicia.
  • A nova edición do Galician Freaky Film Festival, que se celebrará do 25 ao 27 de outubro, comeza a súa conta atrás e, para quentar motores, o venres 28 haberá unha proxección especial cos seis mellores traballos da edición 0. O evento, que é de balde, terá lugar no local Brewing Records, na rúa Martín Códax 8, a partir das 22.00.
  • A Obra Social de ABANCA presenta a segunda edición de ACREATIVA, un proxecto que ten como obxectivo mostrar as novas tendencias e vangardas culturais a través de diferentes experiencias creativas. O foco centrarase na música como fío condutor pola súa ampla capacidade para ramificarse e influenciar noutras escenas, e as mulleres e o seu papel na industria musical terán un espazo relevante, xa que o 80% das actividades que se desenvolverán estarán protagonizadas por artistas femininas.
  • Un total de 16 empresas galegas participan desde mañá en Sevilla na novena edición de BioSpain, considerada a quinta feira biotecnolóxica máis relevante a nivel mundial e a primeira de Europa con sede fixa nun país. Deste xeito, Galicia duplica a súa presenza con respecto ao anterior encontro, que tivo lugar en Bilbao en 2016.
  • O Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá organiza un ano máis, e xa son 40, a Semana de Cine de Autor de Lugo, que ata o 21 de setembro proxectará na Cidade das Murallas máis de 165 cintas de países de todo o mundo organizadas en 13 ciclos: Sección oficial, Ciclo infantil, O mellor do ano, E para comer... Lugo, Arte e cine, Ciclo Cáceres, Grandes historias, Sección especial, Encontros de cine, Cine nostálxico, Curtas de cine e Cine galego. A Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo botou a andar en 1979.