Skip to main content

Notas

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
  • O próximo luns vai ter lugar a inauguración oficial da XL edición da Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, en breve acto que se celebrará ás 22,45 h. no Auditorio Gustavo Freire, con asistencia de autoridades representantes dos organismos copatrocinadores: Deputación Provincial de Lugo, Concello de Lugo, Xunta de Galicia e Universidade de Santiago-Campus de Lugo.
  • O Observatorio do Rural será unha plataforma que terá como obxectivo analizar mercados, competitividade, perspectiva de emprego e proxectos de innovación para o agro ourensán, para o cal se ofrece "a disposición de máxima colaboración" co colexio oficial de enxeñeiros agrícolas de Ourense. O obxectivo é "desenvolver conxuntamente iniciativas baseadas en políticas innovadoras que supoñan un paso adiante para o agro na provincia".
  • O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI- Filmoteca de Galicia) inicia o curso 2018-2019 querendo chamar á reflexión sobre o estado das cousas no continente europeo. Faino co ciclo Espectros de Europa, que abre a programación este mércores 12 de setembro coa proxección de Caras y lugares, o último traballo da prestixiosa directora francesa Agnès Varda, en colaboración co artista gráfico JR, filme de retratos que leva os autores por toda Francia tomando o pulso do seu pais, das súas vilas, rúas e xentes.
  • Os días 6 e 7 de setembro terá lugar en Santiago o congreso 'La nación omnipresente: Nuevos enfoques sobre los procesos de nacionalización en la España contemporánea', que reunirá a expertos de diversas universidades españolas que tentarán ir máis alá da análise dos discursos nacionais (español e alternativos) para investigar un eido moito menos desenvolvido: cómo a identidade nacional era difundida e cómo era asimilada e interpretada polo común da poboación.
  • O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia organiza un curso especializado sobre a figura do Delegado de Protección de Datos, DPO. O curso terá lugar na Cidade da Cultura en dúas fins de semana consecutivas. Impartido por profesionais do Centro de Formación de AENOR, os contidos do curso estarán centrados nos fundamentos e principios da nova regulamentación de Protección de Datos.
  • A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, o director da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), Miguel Ángel Dubois, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores, presentaron dous novos proxectos para posicionar a Comunidade como destino náutico de referencia internacional.
  • O ciclo Monumenta, andar con arte achégase o sábado 25 a Palas de Rei para realizar a andaina 'Emilia Pardo Bazán e os Pazos de Ulloa'. As terras da familia homónima e o castelo de Pambre, articulan a actividade, que contará co arqueólogo Santiago Vázquez Collazo e representantes do Instituto de Estudios Ulloáns para acompañar e ilustrar aos camiñantes.
  • O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a convocatoria de axudas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) no curso académico 2018/2019. Preténdese con estas axudas mellorar as perspectivas dos universitarios en paro para a súa incorporción ao mercado laboral.
  • A conselleira do Mar avanzou que a vindeira semana se iniciará unha campaña informativa nos medios de comunicación e nas redes sociais sobre o parasito anisakis, tras presentar a iniciativa ante os membros do pleno do Consello Galego de Pesca para a súa aprobación. A conselleira explicou que se pon en marcha esta iniciativa ante a alarma xerada en relación ao consumo de peixe e ao parasito anisakis sobre a que se vén queixando o sector.
  • O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, anunciou esta mañá que a entidade vai participar de novo en La Vuelta a España, co posto de …E para comer, Lugo, da man de Turismo de Galicia. Na mesa da presentación oficial sentaron a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o director de La Vuelta, Javier Guillén.