Skip to main content

Notas

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
  • Este luns celebrouse a inauguración da XX edición de Viñetas desde o Atlántico, que terá lugar na cidade ate o día 13 de agosto. Nun acto no Kiosco Alfonso, no que estivo presente o director do evento, Miguelanxo Prado, a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín e o concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, o rexedor destacou que “Viñetas deste o Atlántico forma xa parte dos símbolos que nos definen e identifican como cidade”.
  • A editora da revista LUZES vén de publicar dous novos libros, Novos episodios galegos, de Manuel Rivas e Diario dun repunante, de Xosé Manuel Pereiro, que os autores presentarán na carpa da Federación de Libreiros de Galicia, nun acto denominado “Luzes contra a extinción do xornalismo. Homenaxe aos periodistas democráticos, de Víctor Casas a Luís Pita”.
  • Durante xullo e agosto proxectaranse as (co)producións galegas “A praia dos afogados”, “Maimiño” e “9 ondas”. O secretario xeral de Política Lingüística e a concelleira de Educación, Cultura e Mocidade de Sanxenxo presentaron o programa de cinema de verán da Consellería de Cultura.
  • O conselleiro de Cultura e Educación reuniuse cos responsables do Clúster Audiovisual Galego, da Asociación Galega de Produtoras Independentes, da Asociación Galega de Empresas do Audiovisual (AEGA) e da Asociación Galega de Guionistas para anunciarlles as datas e iniciar a organización da nova edición deste mercado televisivo.
  • A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Instituto Nacional de Cine y Artes Audiovisuales de Argentina (INCAA) fixan no memorándum impulsar xuntos a creación de películas e series entre ambos os dous territorios, como parte do acordo de coprodución audiovisual asinado no marco de Conecta Fiction.
  • A Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, na súa edición número XXXIX vaise celebrar en Lugo do 18 ao 23 de setembro, organizada polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiña, e co apoio da Deputación Provincial de Lugo, Concello de Lugo e Vicerreitoría de Lugo da Universidade de Compostela (USC).
  • Feijóo presenta ante grandes empresas do audiovisual o potencial de Galicia para crear contidos con “selo galego e vocación internacional” para contribuír “na idade de ouro das series”. Arranca o Conecta Fiction con preto de 400 profesionais -creadores, produtores, distribuidores e profesionais do sector-, de 20 países.
  • A necesidade dunha nova educación para saber xestionar os datos, facer un gran pacto social pola cultura e unha reorganización política do sistema de medios foron algunhas das ideas que se debateron na xornada “A industria cultural galega no horizonte 2025”, no Consello da Cultura.
  • A filmoteca galega pecha a programación co ciclo ‘Taiwán na pantalla: dragóns voadores, espadas errantes, King Hu e outros mestres do cine Wuxia’. O especial recolle algúns dos fitos deste xénero, que influíu en clásicos modernos como ‘Tigre y dragón’ ou ‘Hero’ e que é o favorito de directores de Hollywood como Tarantino.
  • Aromas de Mimosas, que comeza o martes 13 de xuño na filmoteca galega, repasa a influencia dalgúns dos referentes cinematográficos na obra do cineasta galego gañador da Semaine de la Critique de Cannes. O autor programa, ademais, varios destes títulos, todos eles de grandes mestres do cine moderno como Andrei Tarkovski, Roberto Rosselini ou Monte Hellman.