Notas
-
O 22º Festival de Cine Internacional de Ourense conta co apoio da Agadic e da Secretaría Xeral de Política Lingüística en accións de promoción do sector como o III Encontro de Coprodución Portugal-Galicia ou o I Foro de Postprodución Áncora. Celebrarase do 20 ao 27 de outubro arredor de seccións competitivas con 65 filmes.
-
Rosa María Calaf e José Luis Rodríguez-Arias Palomo participan na Xornada Información e Sufrimento Humano Informa_Dor que se celebra o martes 3 de outubro no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación en Santiago de Compostela a partir das 10:00 horas. Na xornada, organizada polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, presentaranse tamén as Recomendacións profesionais sobre información e sufrimento humano redactadas polos dous órganos colexiais.
-
Os máis de 1.000 espectadores que asistiron ás proxeccións da Sección Oficial, puideron dar o seu voto a cada unha das películas a concurso exhibidas (puntuación de 0 a 3), sendo a gañadora Bajo la Rosa. Máis de 4.000 persoas asistiron ás proxeccións no Auditorio Gustavo Freire e outras 1.500 as que asistiron ao resto de salas da 39ª SICA de Lugo.
-
Organizadores da Semana de Cine de Lugo aplican a ironía para "agradecer" á Consellería de Cultura da Xunta, a través de Agadic, o seu apoio á Semana de Cine... de Ourense, en detrimento do evento lucense, o máis antigo de Galicia.
-
A Xunta de Galicia apoia o Festival Curtocircuíto 2017 na súa edición máis interdisciplinaria que inclúe o novidoso apartado Arredor do son, que se incorpora ao programa formativo Galicia ProFilme. Curtametraxes dos cinco continentes competirán polos distintos premios do festival, que se desenvolverá do 1 ao 8 de outubro en varios espazos da cidade.
-
O centenario do actor coruñés conmemórase cun ciclo dunha vintena das súas películas máis representativas programadas como apertura da temporada 2017-2018. A filmoteca celebra os 60 anos da Nouvelle vague francesa facendo un repaso a toda a historia da filmografía gala, con clásicos dos anos vinte aos nosos días.
-
Carla Simón presenta a súa ópera prima, Estiu 1993, en dúas sesións o xoves día 14 de setembro, ás 18 e ás 20,30 horas, como apertura da nova temporada 2017-2018 no CGAI. Os premiados na última edición de Novos Cinemas, a cantautora Silvia Penide e o centenario de Fernando Rey marcan tamén o inicio do curso.
-
O primeiro filme galego-cubano de animación poderase gozar o 6 de setembro ás 22:00h no campo da festa. A fita conta a historia dun pequeno labrego que quere sacar a súa familia da pobreza. Trata dnha praga de insectos que estragan a colleita do campo no que vive e mais o encontro co espello máxico da media laranxa don os sucesos que o levarán á aventura.
-
O xoves 31 de agosto a praza da Quintana acollerá a segunda Noite Curta que servirá para despedir o mes de agosto. Unha sesión gratuíta ao aire libre que dará comezo ás 22.00 horas. Os títulos que compoñen a escolma realizada polos programadores de Curtocircuíto - Festival Internacional de Cine, contarán con representación galega, da man do cineasta coruñés Alberto Vázquez o do lucense Adrián Canoura.
-
A nova edición da campaña Dálle luz á túa factura, unha iniciativa que busca achegar aos consumidores galegos consellos útiles para reducir o gasto en electricidade, bota a andar por cuarto ano consecutivo. O obxectivo desta campaña divulgativa é dar a coñecer as principais recomendacións para aforrar no consumo de luz e facilitar a comprensión da factura eléctrica.