Notas
-
El acto de apertura estuvo presidido por el alcalde de Carballo, Evencio Ferrero Rodríguez, y una intervención de Antonio Álvarez González, Letrado Director de las Jornadas y Socio Fundador de Eurogabinete, sl, quién dijo: Todos los ponentes partimos de la cuestión previa de que no se puede jugar con los recursos escasos, los ahorros, los patrimonios y la capacidad de endeudamiento de quién emprende por necesidad, con angustia, con falta de vocación y desconocimiento o decisiones viciadas que conllevan fracasos irreversibles y evitables. Emprender no es empobrecerse.
-
Cayetano Rodríguez, concelleiro de Cultura do Concello de Vigo, Juan de Castro, director do Festival Primavera do Cine e Carla Amado, directora do Instituto Camões foron os encargados de facer a inauguración oficial da sétima edición do certame, que se extenderá ata o vindeiro 13 de maio.
-
Xa está en marcha a party galega ICC Technium R Encounter, que albergará na súa sexta edición 72 horas cheas de actividades. Este evento sen ánimo de lucro, o segundo máis grande da Galiza por detrás da XGN R Encounter de Silleda, está organizado por a Asociación Sectorial de Estudiante de Ingeniería Informática (ASEII).
-
A Xunta canaliza a súa achega a esta mostra internacional de documentais a través da convocatoria de subvencións a festivais audiovisuais. O programa deste ano estende a súa duración a seis días, do 26 de abril ao 1 de maio, ademais de aumentar o número de actividades e os filmes de estrea, entre outras novidades.
-
A obra do máis recoñecido dos autores escandinavos pode verse ata finais do ano 2018 no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)-Filmoteca de Galicia, comezando por títulos como Xogos de verán, Un verán con Mónica ou Amorodos salvaxes. Continúa no mes de maio coa célebre O sétimo selo.
-
A xornalista monfortina Julia Otero é a gañadora da XIV Edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizada polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol. A premiada afirmou sentirse "abrumada e mandou "un recordo especial" á familia de Couso.
-
As editoriais e produtoras participantes reuniranse na Cidade da Cultura en setembro na procura de novos proxectos en común. No caso das editoriais, poderán presentar un máximo de cinco títulos que participen por primeira vez nesta iniciativa e se correspondan con obras orixinais galegas ou traducións.
-
Unha escolma de curtas galegas sobre mulleres abre a carteleira do CGAI no Cineclube Lumière de VigoA premiada ‘Matria’, de Álvaro Gago, e os últimos traballos de Beatriz del Monte, Iria Silvosa e Diana Gonçalves conforman a primeira das catro citas programadas ata finais de abril no Auditorio Municipal baixo o epígrafe ‘Sesións de Filmoteca’. Vigo é, por terceiro ano consecutivo, unha das sedes da programación do CGAI.
-
O presidente da Xunta asistiu ao acto de celebración do 50º aniversario de Cope Galicia. Feijóo destaca o papel dos medios para ofrecer referencias, exemplos e modelos e aprender do que facemos e do que somos. Destaca traxectoria de Cope Galicia, avalada e certificada pola confianza da audiencia.
-
Promovida polos antigos alumnos da Academia Santa María de Vilalba, a plataforma en internet Galicia Digital está a traballar na confección dunha web que vaia recollendo anacos da historia desta Academia que tivo un especial papel na formación secundaria de centos de vilalbeses despois da desaparición do Instituto que funcionou no edificio do Hospital os anos trinta do pasado século.