Notas
-
Apoiouse a presenza do audiovisual galego en Bilbao, Bos Aires, Karlovy Vary, Locarno, Mar del Plata, Rotterdam, San Sebastián, Sevilla, Sitges e Xixón. Con esta concesión, complétase a resolución do programa anual de subvencións ao audiovisual galego dotado con 2,49 millóns de euros a distribuír entre cinco liñas de apoio.
-
O reitor Juan Viaño impón a Insignia de Ouro da USC a Michèle e Armand Mattelart, reputados investigadores no ámbito da comunicación. Michèle e Armand Mattelart participan en Compostela no I Congreso Internacional da Asociación Galega de Investigadores e Investigadoras en Comunicación (AGACOM) que se celebra co lema xenérico Alén das fronteiras: redes de diversidade.
-
Esta obra audiovisual, na que colaborou CCOO, preséntase en Compostela e Ferrol. 'Vigo 1972, a hora da memoria' relata os sucesos de setembro de 1972, hai 45 anos. Seis meses despois do asasinato de Amador Rey e Daniel Niebla en Ferrol, abatidos pola policía franquista, a mecha da reivindicación prendeu en Vigo cunha folga xeral que durou tres semanas e na que participaron máis de trinta mil traballadores.
-
Maruxa Boga. Recordando a Galicia, de aCentral Folque, afonda na figura desta muller pioneira da radifodifusión e no programa máis popular e lonxevo da radio galega na Arxentina, apadriñado por Castelao. Presentouse na sede do Consello da Cultura Galega coa actuación de Alejandro Vargas ao piano e a voz de Alba María.
-
A Filmoteca de Galicia recupera a obra dos cineastas lusos António Reis e Margarida Cordeiro na súa última carteleira bimestral de 2017. O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) pecha o ano cun ciclo dedicado ao cineasta Jean-Pierre Melville, máximo referente do polar, o cine negro galo.
-
Do 7 ao 28 de novembro, Compostela acolle a trixésimo primeira edición do festival Cineuropa. 264 filmes e 17 seccións nun certame que medra en proxeccións, número de premiados, xornadas e espazos de exhibición, e que mantén a aposta pola calidade cinematográfica dos anos anteriores. Inaugúrase co filme La Villa, do ealizador francés Robert Guédiguian, no Teatro Principal.
-
Os representantes dunha trintena de entidades e produtoras galegas e portuguesas están a participar hoxe en Ourense no III Encontro de Coprodución Audiovisual Portugal-Galicia que, por terceiro ano consecutivo, organizan a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e o Instituto do Cinema e do Audiovisual de Portugal (ICA) no marco do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF).
-
Logo de 30 anos de cinema en Santiago, o festival Cineuropa chega un ano máis á cidade e faino con algunhas novidades. Entre as destacadas, figura a selección dun Xurado Novo que comporán mozos e mozas de entre 18 e 25 anos. A organización do festival abre a convocatoria para seleccionar aos integrantes e admite candidaturas ata o 30 de outubro.
-
As terceiras xornadas de novas narrativas celebraranse o xoves 19 e o venres 20 de outubro no Centro de Estudos Avanzados e na Casa de Europa da USC. A finalidade é ofrecer unha visión ampla do fenómeno transmedia e das novas narrativas que xorden arredor dos conceptos clásicos de adaptación e intermedialidade.
-
Ballerina proxéctase o 15 de outubro como arranque desta programación, que se estende ata o 25 de novembro con 100 años de perdón, Migas de pan, Sicixia e María (y los demás). O ciclo insírese no programa de actividades musicais, escénicas e audiovisuais promovidas a través dun protocolo de colaboración entre a Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia e a Fundación Pazo de Mos.