Skip to main content

Notas

  • A segunda edición da bolsa ‘Nacho Mirás’ para novos titulados, organizada e desenvolvida polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e patrocinada por Abanca, coa colaboración da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, presentouse en Santiago de Compostela. A iniciativa aumenta este ano a dotación económica até os 6.000 euros para proxectos xornalísticos de novos titulados en Xornalismo ou Comunicación Audiovisual. A recepción de propostas está aberta até o 30 de maio de 2017.
  • O xurado ditaminou outorgar por unanimidade o galardón que concede a Deputación de Ourense, aos xornalistas Patricia Abet, Abraham Coco e Elena Pérez pola serie de reportaxes titulada Las mil Galicias. O premio, dotado con 3.000 euros, entrégase o 3 de maio, Día Internacional da Liberdade de Prensa, en Ourense.
  • Todo o mundo pode ser youtubeir@ porque todos temos algo que contar. Baixo esta premisa a primeira edición de Youtubeir@s – Concurso de vídeos na rede encara a súa recta final. Xa hai un centro de propostas presentadas a concurso, organizados en vídeo-opinarmos e vídeo-facermos.
  • Ciencias da Comunicación acolle unha conferencia de Ángeles Afuera sobre o papel dos documentalistas de radio e de como esta profesión pasou a ser esencial nos medios de comunicación, “non só como arquiveiros, senón como xestores da información e moitas veces xornalistas especializados en facer memoria ou contextualizar”.
  • O encontro que terá lugar en xuño en Santiago, promovido pola Xunta, o ICEX e a Fundación SGAE, estará presente o día 18 no prestixioso festival francés nun panel no que se abordarán os retos de adaptar a Europa os formatos televisivos en español. Amplíase ata o 30 de abril o prazo de inscrición de proxectos para as sesións internacionais de ‘pitching’ de series e mini-series.
  • Baixo a marca Films from Galicia e co apoio do Igape, repiten a experiencia Ficción Producciones, Maruxiña Films, Somadrome e Voz Audiovisual e incorpóranse á delegación galega CTV, Ollo Vivo e Productora Faro. A feira acolle a presentación profesional de Conecta Fiction que se celebra en xuño en Santiago de Compostela.
  • A compañía galega Portocabo e a portuguesa Hop Filmes promoven este traballo conxunto, Vidago Palace, impulsado a raíz da participación de ambas no I Encontro de Coprodución Audiovisual Portugal-Galicia. A TVG e a RTP estrean esta miniserie, rodada en localizacións e con equipos de ambos os dous países. A TVG programa esta serie os mércores ás 22.15h.
  • O alumnado das tres universidades galegas e o do bacharelato artístico e das diferentes escolas de Imaxe e Son de Galicia poden participar na sexta edición do Certame de curtas de comedia ‘Somos a curta!’, que organiza a Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago (USC)
  • Inaugúrase en Fonseca a mostra ‘A cidade no tempo’ que dá conta da cidade compostelá a través da cámara de Manolo Blanco, poñendo en valor o fotoxornalismo e o labor gráfico desempeñado por un fotógrafo que xa é tamén parte da historia de Compostela retratando a vida cotiá, o barullo das prazas, o mercado, as protestas, a Universidade, as festas…
  • Impulsado polo Institut Français e coordinado en España pola asociación A Bao A Qu, a Filmoteca de Galicia forma parte como institución pioneira nesta rede que xa se aplica en sete centros educativos galegos. A presentación tivo lugar en Madrid con alumnado e os cineastas Jonás Trueba e José Luis Guerín.