Notas
-
Os encontros cos finalistas, as proxeccións dos traballos gañadores e candidatos e a colaboración con outras academias do resto do Estado reforzan a gala como accións de recoñecemento da industria galega do cinema e da televisión. Agadic colabora coa Academia Galega do Audiovisual nos 15ª Premios Mestre Mateo.
-
Permanent vacation abre o ciclo dedicado ao cineasta estadounidense, que terá a súa continuación á volta do Nadal. Extraños en el paraíso, Bajo el peso de la ley e Mystery Train exhibiranse tamén nesta primeira quenda, mentres que en xaneiro poderán verse Noche en la tierra, Dead man e Gimme Danger.
-
O certame, presentado este xoves, celebrarase do 14 ao 16 de decembro na Facultade de Ciencias da Comunicación. Comezou coa proxección do documental Cesteando, a cargo do seu director Plácido Romero e do protagonista Toño de Val, que narra a poética e orixinal reflexión da liberdade persoal coa historia de vida dun cesteiro de Lobeira.
-
O caricaturista do xornal La Vanguardia Jaume Capdevila -Kap- ofrece o xoves 1 de decembro, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, un relatorio baixo o título O esperpento gráfico, breve historia da caricatura con Valle-Inclán ao fondo, nas actividades da exposición sobre o escritor.
-
Publícase a última adxudicación desta liña de axudas, a través da que se apoiou a presenza do audiovisual galego en Bos Aires, Locarno, Marsella, Montreal, Nova York, Róterdam, Toulouse, Toronto, San Sebastián, Sevilla, Sitges e Xixón e complétase a concesión do total de 2.465.000 euros destinados ao programa anual de subvencións ao audiovisual galego.
-
Profesionais do sector participan nunha visita guiada especial para valorar o complexo do Gaiás como escenario de producións audiovisuais. Grupos de comunicación, como Mediaset, produtoras como A Contracorriente Films, DeAPlaneta ou canles como Canal #0 achéganse á Cidade da Cultura. Os localizadores puideron acceder aos edificios e exteriores, pero tamén a espazos pechados ao público xeral, como a galería subterránea.
-
O presidente da Xunta reivindica o papel dos parlamentos e dos medios de comunicación como foros nos que asistir a un debate fecundo de ideas e posicións e lembra que a democracia fai posible corrixir erros, matizar rumbos e trasladar con présa as demandas cidadás ás institucións e que “os xornais son a ágora moderna, o lugar onde se condensa a vida dun país”.
-
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou na clausura do 10ª edición do pitching “I+P. Ideas para producir”, organizado polo Clúster Audiovisual Galego. Destaca ferramentas como a Rede Galega de Business Angels, a Unidade Galicia Emprende ou a Rede de aceleradoras de emprendemento, ás que se incorpora unha específica para impulsar a industria audiovisual.
-
O martes 15 de novembro dá comezo na Coruña este programa, ao que a filmoteca galega lle dedica oito xornadas con 38 títulos rodados entre 1959 e 1972. Xunto con pezas que constitúen un manifesto visual irrepetible, proxectarase unha escolma de filmes realizados en Cuba por cineastas estranxeiros.
-
El ciudadano ilustre, dirixida por Gastón Duprat e Mariano Cohn, narra en clave satírica o retorno dun escritor arxentino, gañador do Nobel, á súa vila natal 40 anos despois de emigrar a Europa. O que se prevé como unha viaxe de pracer devén nunha tensa situación. Compostela inaugura, así, o 30º Festival Cineuropa ata finais de novembro en sedes como Numax, CGAC, Afundación, Salón Teatro e Teatro Principal.