Notas
-
O 4º Festival de Cine remata o 26 de marzo na Casa da Cultura de Alfoz ás 19 horas coa proxección de “A Esmorga”, unha drama de 2014 dirixido por Ignacio Vilar, baseada na obra de Blanco Amor. Na proxección estará presente o referido director.
-
O grupo Histagra acaba de recuperar, dixitalizar e catalogar destacados fondos xornalísticos do primeiro terzo do século XIX que axudarán a “recuperar a memoria agraria e política do país”. A documentación recuperada estará en próximas datas en rede a disposición das persoas interesadas.
-
Galicia deu pasos para que a súa cultura forme parte da sociedade en rede, pero non por iso ten cumpridos todos os retos. Os novos tempos da segunda demandan respostas renovadas para conquistar o futuro no ecosistema dixital. Esta mirada foi o epicentro do debate entre expertos no Consello da Cultura.
-
Ferreiro destaca o apoio da Área de Cultura aos proxectos das novas e novos creadores galegos. A produción recibe por parte da Área de Cultura un total de 25.000 €.
-
Agadic conta cun espazo de difusión para a produción galega de curtametraxes e a presenza en Euro Connection 2016, no mercado deste prestixioso festival francés, que arrancou con máis de 3.600 profesionais de 92 países. Shorts from Galicia inclúe curtas de Xacio Baño, Keina Espiñeira, Santos Díaz, Eloy Domínguez e Lois Blanco.
-
O cineasta de Rábade, que recolleu o premio á mellor montaxe pola película El desconocido, participa habitualmente en actividades dirixidas ao alumnado da EIS. A provincia estivo presente na Gala do cine español cos candidatos lucenses, o director Dani de la Torre e o actor Luis Tosar.
-
La Semana de Cine de Lugo abre hasta el 2 de mayo la convocatoria de presentación de largometrajes, documentales y cortometrajes para la 38 edición de su concurso, que se celebrará entre 19 y el 21 de septiembre y por la que otorgará 2.200 euros en premios.
-
A Xunta avalía as consecuencias das principais incidencias rexistradas en Galicia no último temporalNo que se refire a infraestruturas portuarias, 35 portos de Galicia resultaron afectados con distinta intensidade por roturas de pantaláns e flotadores, desprendementos de amarre e caídas de valos e sinais informativas. Rexistráronse 87 incidencias en 87 centros educativos de Galicia.
-
O CGAI retoma o ciclo dedicado ás comedias dos estudios Ealing no inicio da súa programación de 2016A carteleira arranca o xoves 7 con ‘Ocho sentencias de muerte’, de Robert Hamer, tras a que se proxectarán ‘Pasaporte a Pimlico’, ‘Oro en barras’ e ‘Los apuros de un pequeño tren’.
-
O Diario Oficial de Galicia publica as bases polas que se rexerán as axudas do 2016 á produción escénica, ás salas privadas, á promoción do talento audiovisual e aos festivais cinematográficos. O obxectivo xeral destas axudas é contribuír á capitalización das empresas e ao financiamento dos seus produtos e servizos.