Skip to main content

Notas

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
  • Son datos do “Diagnóstico sobre a Sociedade da Información nos fogares galegos 2015”, que publica o Observatorio da Sociedade da Información da Amtega. Sete de cada dez internautas galegos (+6.9%) interactuou coas Administracións Públicas a través de Internet.
  • Leiceaga mantivo unha reunión con representantes da Academia Galega do Audiovisual, na que falaron da necesidade “dunha nova lei que se axuste á situación actual dun sector no que a modernización tecnoloxica é constante, con novos medios e novas categorías profesionais”. A lei vixente ten 17 anos.
  • O festival internacional de cine Curtocircuíto regresa coas Noites Curtas, unha programación que traerá o mellor do cinema de vangarda a Compostela, en dúas sesións ao aire libre. A primeira cita será o vindeiro xoves 25 de agosto, na praza de Praterías, cunha selección das películas máis salientables da pasada edición do festival. A segunda terá lugar o 1 de setembro na Praza da Quintana, cun programa de cine realizado en colaboración co festival WOS.
  • O Padroado da Fundación Galicia-América, presidido polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, vén de nomear Membro de Honra a Víctor Manuel Vázquez Portomeñe como promotor e impulsor da devandita entidade no tempo do seu deseño e concepción dos obxectivos fundacionais.
  • GaliciaDigital ha llevado a cabo la migración de contenidos de la web de EIDUS-Coruña, que el Ayuntamiento de A Coruña ha puesto en marcha estos días. Este trabajo es fruto del concurso público que el Ayuntamiento de A Coruña convocó en el mes de mayo de este año, y cuya adjudicación consiguió GaliciaDigital.
  • Cales son os meus dereitos como ilustrador? Que é o traballo especulativo? Por que non é recomendable traballar gratis? Canto debo cobrar? Cales son as claves para negociar ben un contrato? Que fago se un cliente non me paga? Que pasa se me plaxian? A Guía Ninja do Ilustrador, impulsada pola Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), nace como resposta aos problemas aos que os profesionais creativos freelance se enfrontan día a día.
  • Os viaxeiros procedentes de Irlanda medraron un 24,29% no primeiro cuadrimestre do ano en relación ao mesmo período de 2015 con 5.367 visitantes. Os periodistas convidados coñecerán de primeira man os reclamos turísticos da Comunidade e plasmarán a súa experiencia en varias reportaxes.
  • Nunha xuntanza no concello de Santiago de Compostela, representantes do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia propuxo ao alcalde compostelano Martiño Noriega realizar obradoiros nas escolas que poderían ser impartidos por xornalistas en paro e a posibilidade poñer en marcha unhas xornadas sobre publicidade institucional.
  • Agadic colabora no Curso de Medios Audiovisuais de Celanova que organiza a Fundación Carlos Casares coa Deputación de Ourense, o Concello celanovés e a Universidade de Vigo no Auditorio Ilduara do 5 ao 8 de xullo baixo o título Audiovisual galego en feminino: singularidade e diversidade.
  • A filmografía de Chantal Akerman (1950-2015) sitúaa entre as principais figuras do cinema de autoría europea. En dúas xornadas, os días 28 e 29 de xullo, a Universidade de Verán da USC acolle o curso Chantal Akerman: cineasta de culto, muller e transgresora con proxeccións e debates arredor de diversas obras da autora como Saute ma ville ou Je, tu, il, elle.