Skip to main content

Noticias

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
  • Carles Fontserè e Camilo José Cela. Nueva York Amarga, comisariada polo director do CGAC, Santiago Olmo, e polo catedrático de Historia da Literatura Española da Universidad de Barcelona, Adolfo Sotelo, busca reconstruír a historia do libro inconcluso Nueva York Amarga, que Cela iniciou co obxectivo de retratar a cidade norteamericana en base ás fotografías realizadas por Carles Fontserè (Barcelona, 1916 - Girona, 2007) e ás cartas que ambos intercambiaron, así como os documentos, informacións e reflexións do catalán sobre a cidade.
  • Un Museo Centro Gaiás convertido en contorna virtual en 360º acolle a Maker Faire Galicia, que repite este ano cun formato enteiramente en liña no que argalleiros de sete países diferentes –España, A Arxentina, O Xapón, México, EE.UU., Portugal e O Brasil– presentarán os seus proxectos. Despois do éxito da pasada edición, na que se convertía nunha das primeiras Maker Faire do mundo en dar o salto dixital, o evento volve apostar por un formato totalmente de balde, 100% virtual, e máis global ca nunca, con preto de 4.000 inscritos, cifras que cuadriplican as da última edición.
  • O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e o Museo das Peregrinacións e de Santiago serán algunhas das sedes do Festival Performativo Plataforma 2021 que arrinca este mércores en Santiago de Compostela e que ofrecerá preto dunha trintena de propostas culturais ata o 5 de xuño. Trátase dunha iniciativa que conta co apoio da Xunta de Galicia, en cuxa presentación participou hoxe o secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo. Ao longo de dúas semanas, daranse cita preto dunha trintena de propostas culturais, que comezarán mañá no Museo das Peregrinacións e de Santiago coas conversas organizadas cos creadores Verónica Moar e Álvaro Valiño sobre deseño performativo.
  • A Filmoteca de Galicia acollerá catro exhibicións da (S8) XII Mostra Internacional de Cinema Periférico, presentada hoxe na Coruña nun acto no que participou o director da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) da Xunta, Jacobo Sutil. As sesións previstas na sala José Sellier achéganse ao traballo da cineasta alemá Déborah S. Philips e dos españois José Val del Omar e Juan Sebastián Bollaín, e inclúen unha conferencia ilustrada co director franés Jean Rousseau. O evento, organizado pola ESE8 Asociación Cultural e que vén contando nos últimos anos co apoio da Xunta de Galicia para a súa celebración, desenvólvese do 28 de maio ao 6 de xuño en distintas sedes da cidade da Coruña.
  • Desde o inicio da pandemia da COVID-19 en España son moitas as plataformas que veñen recollendo as cifras sobre a súa incidencia, non obstante case todas elas se quedan nunha análise superficial. Co obxectivo de poñer remedio a isto, a plataforma que propoñen desde o centro de investigación atlanTTic vai un paso máis aló. Panel Covid recompila todos os datos e informes publicados por fontes oficiais como son o Ministerio de Sanidade, a Renave (Red Nacional de Vigilancia Epidemiológica) e o INE (Instituto Nacional de Estadística) sobre a evolución da pandemia desde o seu inicio, co obxectivo de poder analizalos polo miúdo e amosalos de maneira sinxela e clara a calquera usuario.
  • Esta obra forma parte do proxecto do mesmo nome, promovido polo Colectivo Egeria, co patrocinio da Xunta de Galicia, e a colaboración da Real Academia Galega e o Concello de Sarria. Este proxecto está composto por unha web, unha exposición itinerante que a finais deste mes terá visitado 42 cidades e poboacións de Galicia, e un catálogo que recolle os contidos da exposición.
  • Xulio Ríos, director do Observatorio de la Política China, vén de publicar na editorial Kalandraka un novo volume relativo ao xigante asiático con motivo do centenario da fundación do Partido Comunista (PCCh). Ao longo das súas case 500 páxinas, abórdanse os diferentes períodos históricos que marcan a evolución do comunismo na China, xirando arredor das seguintes oito teses centrais: Primeira, os cen anos do PCCh (1921-2021) trazan unha liña de clara continuidade que abunda na transcendencia do ideal nacional como factor mobilizador principal na súa constitución e desenvolvemento, resolvendo moi inicialmente a súa relación paralela e controvertida co internacionalismo de matriz soviética.
  • A Filmoteca de Galicia centra a programación de maio nos filmes galardoados nos Premios Mestre Mateo, outorgados a comezos do pasado abril, así como nos novos ciclos Esenciais: Eric Rohmer, e Jean-Claude Rousseau: A luz reflectida a través das cousas. Asemade, neste mes, o primeiro que se desenvolve baixo a nova denominación oficial desta entidade da Xunta, continúan exhibíndose outros títulos dentro dos apartados Fóra se serie e Desencadres, así como a Filmoteca Júnior. Todas as sesións terán lugar na sala recentemente bautizada co nome de José Sellier, en homenaxe a esta figura pioneira do cinema en Galicia.
  • Sae á luz unha nova edición do catálogo Films from Galicia nunha edición dixital interactiva que recolle 63 producións e proxectos de cinema e televisión para a súa promoción nos principais mercados e foros internacionais do sector e cos axentes de vendas e distribuidores como principais destinatarios. Publicada en inglés, a selección de obras das que se ofrece información complementa o vídeo do mesmo título, que foi estreado durante a cerimonia de entrega dos XIX Premios Mestre Mateo e que terá unha versión de duración reducida para ser proxectada nas salas de exhibición cinematográfica de titularidade galega.
  • A Cidade da Cultura de Galicia impulsou unha iniciativa no marco do Día do Libro coa representación de As enxeñosas do Fidalgo, unha narración musicada para cativada da primeira tradución completa ao galego do Quixote, realizada por un equipo de lingüistas dirixido por Valentín Arias, do que formaba parte a súa filla, Xela Arias, homenaxeada coas Letras Galegas 2021. A coñecida contadora Soledad Felloza e a Banda Municipal de Santiago de Compostela foron as encargadas de pórlle voz e música no Xardín do Teatro do Gaiás a extractos da novela máis universal de Cervantes. A narración musicada, ideada para un público familiar, tivo como protagonistas á pastora Marcela, Tareixa Panza, Quitería ou Claudia.