Skip to main content

Noticias

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
  • Ata o vindeiro xoves, os artistas emerxentes participantes no EAN11 poderán darlle visibilidade ao seu traballo no xa clásico Foro Aberto, onde realizarán unha presentación centrada no seu proxecto creativo persoal, servindo de plataforma e escaparate das súas creacións. Os participantes convivirán tamén con tres observadores ou art followers, tres nomes de recoñecida traxectoria que, desde o seu traballo no eido curatorial ou do xornalismo cultural apoian os novos creadores e seguen de preto as novas tendencias da arte emerxente. Neste caso, serán o xornalista e comisario Javier Díaz-Guardiola; o artista, comisario e conservador xefe da Fundación Granell, Eduardo Valiña, e a comisaria e directora artística das feiras JustMAD (Madrid) e JustLX (Lisboa), Semíramis González.
  • O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura convértese en 2021 nunha das sedes das Residencias Charco, unha iniciativa de intercambio artístico que busca afondar na conexión cultural entre España e Latinoamérica. Do 1 de xullo ao 6 de outubro, dúas artistas mexicanas e outras dúas galegas conectan creativamente as dúas beiras do Atlántico no desenvolvemento de catro propostas artísticas entre Galicia e México. Esta experiencia intégrase no Programa de Residencias Artísticas do Gaiás (REGA), un viveiro cultural e creativo que pon os espazos, recursos e equipos técnicos da Cidade da Cultura ao servizo de proxectos vencellados á música, a escena, a danza e as artes performativas, a literatura e as artes visuais.
  • O novo Dicionario galego-ruso está accesible de balde desde o Portal da Lingua Galega. Ten como persoas destinatarias as especialistas en lingua e cultura galegas, tradutoras, lexicógrafas, romanistas, comparatistas, profesorado e estudantado que aprende galego, e tamén galegos e galegas que aprenden ruso. Esta primeira edición conta con case 11.000 lemas organizados por orde alfabética e actualizarase periodicamente ata chegar ás 40.000 entradas. Amais, nas edicións posteriores planéase incluír un apéndice gramatical que conteña toda a información necesaria para saber as regras básicas da lingua galega. Un dos obxectivos principais da obra lexicográfica é crear unha ponte directa entre as culturas galega e rusa.
  • A cuarta edición do Congreso Internacional da Cátedra institucional do Camiño de Santiago e das Peregrinacións da USC foi o foro no que se deron a coñecer os 21 microproxectos de investigación, divulgación e pedagóxicos concedidos pola propia cátedra a través dunha convocatoria pública co apoio da USC, a Axencia de Turismo da Xunta de Galicia e a Catedral de Santiago. Coa participación de preto dun cento de participantes de xeito presencial e en liña, o Congreso pretendía poñer en valor a actividade científica, divulgadora e didáctica de investigadores, entidades e universidades involucradas no estudo do Camiño e as Peregrinacións.
  • O ‘Atlas Lingüístico Galego’ (ALGa) segue medrando, desta volta coa publicación do segundo volume dedicado ao ser humano que se integra, á súa vez, no sétimo da colección. A nova peza deste proxecto que realiza o Instituto da Lingua Galega da USC (ILG) e que editan conxuntamente a USC e a Fundación Barrié, reúne a información correspondente ás preguntas relacionadas coa familia, relacións de parentesco, a vida en sociedade e certos oficios. A maioría dos mapas presentan as designacións rexistradas para un mesmo concepto: neno ata os 12 anos (neno, neniño, meniño, cativo, rapaz, etc.), pastor (besteiro, bestelleiro, cabaleiro, muleiro, etc.), curandeiro (manciñeiro, compostor, compoñedor, etc.), telleiro (telleiro, louseiro, canteiro, etc.).
  • Unvex, o maior evento de vehículos non tripulados que se celebra en España, dará cita aos principais expertos nacionais e internacionais e empresas do sector os días 7, 8 e 9 de xullo na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela, na Escola Naval de Marín e no Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR) en Castro de Rei (Lugo). Unvex ten confirmadas preto de 70 empresas expositoras que amosarán as súas novidades tecnolóxicas nos máis de 2500 metros cadrados de exhibición, entre os que destacan compañías tractoras do sector aeroespacial así como pequenas e medianas empresas e operadoras.
  • A Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.285. Deles 610 son da área da Coruña, 240 da de Lugo, 279 da de Ourense, 459 da de Pontevedra, 386 da área de Vigo, 223 da de Santiago e 88 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 10 están en UCI, 41 en hospitalización e 2.234 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 125.929 persoas curadas, rexistrándose 2.437 falecementos.
  • A Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.136. Deles 597 son da área da Coruña, 230 da de Lugo, 254 da de Ourense, 413 da de Pontevedra, 359 da área de Vigo, 209 da de Santiago e 74 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 11 están en UCI, 42 en hospitalización e 2.083 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai 125.849 persoas curadas, rexistrándose 2.437 falecementos.
  • A Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.994. Deles 574 son da área da Coruña, 224 da de Lugo, 229 da de Ourense, 367 da de Pontevedra, 328 da área de Vigo, 190 da de Santiago e 82 da de Ferrol. Do total de positivos, 9 están en UCI, 46 en hospitalización e 1.939 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 125.762 persoas curadas, rexistrándose 2.436 falecementos.
  • A Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.837. Deles 544 son da área da Coruña, 222 da de Lugo, 199 da de Ourense, 321 da de Pontevedra, 297 da área de Vigo, 176 da de Santiago e 78 da de Ferrol. Do total de positivos, 10 están en UCI, 43 en unidades de hospitalización e 1.784 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai 125.648 persoas curadas, rexistrándose 2.436 falecementos.