Notas
-
A Secretaría Xeral de Cultura e a TVG colaboran para difundir entre a cidadanía a obra do escritor homenaxeado coas Letras Galegas 2015. As tres montaxes, creadas a partir de textos de Filgueira, difundiranse no medio da programación e tamén estarán accesibles en cultura.gal. onde se inclúen as actividades conmemorativas como exposicións ou traducións.
-
O CPXG lanza o manifesto do Día da Liberdade de Prensa reivindicando o papel do Xornalismo frente ao "tsunami" de circunstancias que o ameazan: crise económica, popularización de Internet ou audiencias que regalan o traballo do profesional, son algúns dos problemas contra os que os xornalistas piden unha rebelión.
-
A campaña “1 mes, 1 profesión dixital”, impulsada polo CPEIG en colaboración coa Amtega, busca mellorar as competencias dixitais para a empregabilidade e divulgar as novas profesións. Faite profesional do marketing dixital (http://profesionsdixitais.org/#programa) serviu como presentación desta actividade na Cidade da Cultura de Galicia.
-
A Academia Galega do Audiovisual e a Acadèmia del Cinema Català organizan este ciclo, que se desenvolve ata o xoves 30 de abril coas proxeccións das longas El niño, Gabor e Descalç sobre la terra vermella, ademáis da curtametraxe El corredor.
-
O prazo para as votacións que decidirán ao gañador do XI Premio José Couso de Liberdade de Prensa permanece aberto ata o 27 de abril, ás 19h, a través da web do Colexio de Xornalistas.
-
O Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou ‘O bombeiro galego. Temario e cuestionarios’ 1 e 2, o primeiro manual preparatorio das probas teóricas ás oposicións a bombeiro avalado pola Xunta de Galicia que sae do prelo da man de Andavira Editora e do bombeiro Gerardo Fernández Costa.
-
O mundo da vídeo-creación, os vídeo-xogos e as tendencias dixitais son os temas que se debaten no marco do “Ourense ICCWeek”, o evento que reúne na provincia de Ourense en torno ao ámbito audiovisual a expertos, emprendedores, empresarios e público en xeral.
-
Trátase da nova serie de Formato Producciones para a CRVTG e subvencionada por Agadic, baseada na novela da escritora lucense Marta Rivera de la Cruz. O proxecto obtivo 245.925 euros para o seu financiamento a través da convocatoria de axudas ao audiovisual de 2012. Antonio Cuadri é o director da fita que conta coa interpretación, entre outros, de Ana Turpin, Fernando Tato, Mariana Expósito ou Antonio Mourelos.
-
O 31 de marzo conclúe definitivamente o proceso do Dividendo Dixital. Nas vivendas con instalación individual tan só é necesario resintonizar o televisor ou o descodificador externo de tdt. As axudas do Goberno central para a adaptación das antenas colectivas poden solicitarse ata o 30 de xuño.
-
A comunidade galega liderará un ditame sobre o futuro da acuicultura europea. O principal obxectivo do ditame é identificar os obstáculos que dificultan o bo desenvolvemento da acuicultura europea e recomendar posibles solucións. Unha das principais prioridades da Política Pesqueira Común (PPC) é a acuicultura, e, dentro dela, a de reducir as cargas administrativas.