Notas
-
Dedícase un apartado ás creadoras galegas con ‘Muller(es)Muller’ de Inés Pintor, ‘O tesouro de Corcoesto’ de Cora Peña e a fita ‘Se dice poeta’, na que participan as autoras Yolanda Castaño, Estíbaliz Espinosa e María Couceiro.
-
O seu obxectivo é contribuír ao financiamento da fase de preprodución de longas cinematográficas e de produtos televisivos, de xeito que se garanta a viabilidade de todo o proceso posterior e a súa chegada ás pantallas. A dotación orzamentaria increméntase en 10.000 euros respecto a 2014, e o prazo remata o 4 de abril.
-
O ditame do xurado e mais todas as pezas que concorreron ao certame e que emitiron xa as radios municipais colaboradoras no proxecto O galego na onda, están dispoñibles en http://www.xunta.es/linguagalega/o_galego_na_onda_0. Participaron neste programa preto dun cento de rapaces e rapazas de concellos da RDL de entre 12 e 16 anos de idade, concorrendo a un concurso en dúas fases.
-
A pesar das evidencias, o Presidente de RTVE limitouse a sinalar que “non se desprazou a ninguén”.
-
O director da Oficina MEDIA España achegoulles as claves da modalidade ‘Single Project Funding’ desta liña de apoio do Programa Europa Creativa, para a que se mantén aberto o prazo de solicitude ata o 16 de abril. A Agadic ofrécelles aos profesionais do audiovisual galego unha sesión sobre axudas europeas.
-
O 10 de marzo cúmprense 50 anos da morte de Xosé Luís Castro Veiga. Coñecido popularmente como O Piloto: foi o último guerrilleiro morto en combate en todo o estado español. Preséntase un documental coa participación do guionista, Alfonso Eiré, e do director, Xosé Reigosa.
-
A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) solidarízase coa colexiada Ana Guantes e co resto dos seus compañeiros despedidos de forma tan fulminante como pouco aclarada da Cadena SER.
-
O documental, que relata o conflito entorno á mina de ouro en Corcoesto, presentarase ó público o 7 de febreiro no Pazo da Cultura de Carballo (A Coruña).
-
Galicia disporá por vez primeira dun espazo de difusión propio na zona de mercado do prestixioso encontro francés Clermont-Ferrand centrado nas curtametraxes, que arranca coa asistencia de máis de 3.000 profesionais duns 80 países. Ser e voltar de Xacio Baño, compite na sección Lab.
-
El libro de Begonte, publicado en Galicia Digital e O Sil por José Reinaldo Pol (Pepe Pol), de Quiroga, resultou gañador no Certame de Xornalismo do Belén de Begonte.