Skip to main content

Notas

user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 56 ORDER BY weight, name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 858.
  • A presidenta de Galicia Calidade, Sol Vázquez Abeal, defendeu hoxe que a marca Galicia Calidade é “o mellor pasaporte” das empresas galegas, xa que representa o “ADN galego dos produtos e servizos e o compromiso coa calidade”. Esta nova estratexia pretende conseguir que “pouco a pouco, os consumidores e usuarios identifiquen que Galicia é igual a Calidade”, xa que esta aposta “é o mellor xeito de acceder aos mercados máis competitivos e esixentes”.
  • A Asociación PuntoGal presentou esta mañá na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación de Vigo a Fase Aberta do dominio .GAL. Despois das fases previas e con cerca de 1000 dominios, o día 2 de decembro ábrese o dominio sen ningún tipo de restrición a toda a cidadanía. Ese día estarán activos todos os dominios solicitados nas fases Abrente e Carreira que cumpran coas esixencias establecidas.
  • O CGAI proxecta ata o 20 de decembro unha escolma de títulos representativos do período 1989-2014, xunto cunha serie de producións pioneiras dos anos anteriores, como parte da homenaxea á historia recente do audiovisual de Galicia desde a estrea en novembro de 1989 das longametraxes Sempre Xonxa, Continental e Urxa.
  • O libro e a lectura nos medios é o tema central da undécima edición deste foro de reflexión, que se desenvolve ao longo no Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela. Na xornada promovida pola Asociación Galega de Editores, destacouse o papel dos medios de comunicación na implicación social en torno á lectura.
  • Formato Producciones adapta como película para TV a novela da escritora lucense Marta Rivera de la Cruz: Hotel Almirante. Agadic, que contribúe con máis de 200.000 euros de cartos públicos, visitou a rodaxe da miniserie dirixida por Antonio Cuadri, e que conta coa interpretación dos galegos Mariana Expósito e Antonio Mourelos, entre outros.
  • Unha aproximación audiovisual á arquitectura. Así define o CGAI o ciclo retrospectivo que adica ao cineasta alemán Heinz Emigholz no que ofrece integramente a serie de retratos de arquitectos "Architecture as Autobiography" e as súas últimas fitas, nas que reflexiona sobre o modernismo arquitectónico. As 9 proxeccións complétanse con coloquios con arquitectos galegos.
  • O presidente da Xunta asistiu á entrega do Premio Ourensanía 2014 á xornalista Victoria Prego da que destacou que “foi un dos nomes do xornalismo español que nos narraron o milagre da Transición” e que “nos fixo testemuñas de como se forxaron os cimentos que levantan a España de hoxe”. Un país, di, que “fixo do consenso, o pacto, a democracia e a liberdade a súa razón de ser”.
  • O 19º Festival de Cine de Ourense inaugúrase coa preestrea de A Esmorga, de Ignacio Vilar, sumándose á conmemoración do 25 anos das tres primeiras longametraxes producidas en Galicia: Sempre Xonxa, Urxa e Continental. Inclúe o Festival OUFF en distintas pantallas con 10 títulos en competición oficial e un apartado adicado ao audiovisual galego.
  • A retrospectiva arranca con "Primavera en la calle Zarechnoy" e inclúe outros catro títulos deste cineasta de orixe xeorxiana e un dos máis destacados representantes do cinema soviético post-Stalin. O CGAI pecha o ano cun ciclo especial conmemorativo do 25º aniversario da estrea das primeiras longas galegas en 35 mm.
  • Poden participar maiores de 18 anos e persoas autónomas que o desexen, galegos ou con residencia en Galicia, e premiaranse, entre outros aspectos, a creatividade e a innovación da ferramenta e do uso de código aberto.