Notas
-
O presidente da Xunta reivindicou a liberdade de expresión como dereito irrenunciable da sociedade e lembra que non foi nada doada de conquistar. Fixo esta reflexión, e destacou ao tempo as figuras de José Luis Alvite, Diego Bernal e Lois Caeiro, no acto de entrega do Premio Periodístico Diego Bernal 2015, que outorga a Asociación de Periodistas de Galicia.
-
Organizan unha nova edición do Ciclo de Cine Infantil no Museo de Pontevedra, que ofrece unha escolma de catro filmes realizada polo CGAI co obxectivo de atender diferentes épocas e culturas. A actividade arranca coa proxección da película de animación dos estudios Pixar WALL-E, e inclúe filmes como o clásico El Mago de Oz.
-
O consorcio galego formado polas empresas Optare Solutions, R, Coremain e Quobis desenvolverá o proxecto unha plataforma de análise masivo de uso das telecomunicacións. O CDTI (Centro para el Desarrollo Tecnológico e de Economía y Competitividad) deulle o visto e prace ao proxecto e subvencionará o desenvolvemento da plataforma.
-
Trátase dun libro de viaxes publicado por Alvarellos Editora e baseado en series documentais da TVG, a canle pública galega na que Luis Menéndez traballa desde hai 30 anos. Ao longo de case unha década, Menéndez realizou 39 documentais e percorreu 320.000 quilómetros que agora resume libremente.
-
A aposta de Turismo de Galicia pola tecnoloxía e a innovación está presente en numerosas liñas de acción como a posta en marcha do Plan Smart Turismo, o desenvolvemento do proxecto Smart Camiño, ou o impulso na creación de destinos intelixentes.
-
Durante tres meses, o público pode achegarse os xoves e os venres ao CGAC para desfrutar gratuítamente dunha selección de películas da época en V.O. subtitulada. O novo ciclo cinematográfico promovido por Cultura titúlase Cando Tiburón devorou o cinema: Ascenso e caía do novo Hollywood.
-
Nenos a partir de 8 anos poden participar o sábado 17 e o domingo 18 de xaneiro no obradoiro "Sons de película", no que se recrean escenas míticas de películas para axudarlles a descubrir a maxia do cine. A actividade, promovida por Cultura e Educación, celébrase na Cidade da Cultura de Galicia, no monte Gaiás de Compostela.
-
Agadic revalida a dotación de 90.000 euros para esta liña de axuda creada en 2014 para garantir a transparencia no seu apoio económico aos certames, semanas e mostras audiovisuais que se celebran en Galicia, como o Play-Doc de Tui, o de curtametraxes de Cans, a Mostra de Cinema Periférico S-8 da Coruña, Curtocircuíto e Amal.
-
As axudas ao sector audiovisual, de 2,53 millóns de euros en 2014, apoian os filmes de Vía Láctea Filmes, Zenit Televisión, Frida Films, Zeitun Films, Xamalú Filmes, Zircozine, Editora OQO, Portocabo TV, Amanita Films, Formato, Producións A Fonsagrada, Alfonso Vázquez Cortizo e Sun Lúa.
-
A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Medios adxudicou máis de 200 subvencións para a adquisición de equipamentos para a recepción da TDT a través do satélite, para familias sen cobertura que vivan nas zonas a revitalizar do Programa de Desenvolvemento Rural Sostible en Galicia, no exercicio 2014, acadando un investimento subvencionado total de 59.795,67 euros.