Notas
-
A directora da Amtega presentou o Balance 2009-2013 da Estratexia Tecnolóxica da Xunta. No 2013 o Goberno galego asinou o Pacto Dixital con 12 empresas TIC de ámbito multinacional e rexional para impulsar o desenvolvemento tecnolóxico de Galicia.
-
Os gañadores do concurso de curtas de animación en galego Nós tamén creamos! visitan o Festival de Cine de Cans, en O Porriño. Son 38 nenos e nenas do CEIP de Leirado que gañaron este certame na edición de 2013 e que visitaron o festival de cine na actividade Cans do futuro.
-
A 19º Edición do Festival Internacional de Cine de Ourense, que se celebrará entre os días 15 e 23 do mes de novembro, xa ten cartaz oficial. A que será a imaxe do Festival para este 2014 presentouse no Centro Municipal Anxel Valente, nunha roda de prensa.
-
Roma, ciudad abierta; Paisà; Alemania, año cero; L'amore; Stromboli; La macchina ammazacattivi; Te querré siempre e India, Matri Bhumi son algúns dos títulos restaurados que se exhiben no ciclo que promove a filmoteca galega desde o 21 de maio e ata o 18 de xuño.
-
O concerto Atlántic@s emociona en Micsur á comunidade galega en Mar de Plata e Bos Aires (Arxentina)Uxía, Rosa Cedrón, Budiño e Narf encheron o Teatro Colón de Mar del Plata e no Teatro Sha de Bos Aires na estrea do seu espectáculo musical, no que mesturaron os sons tradicionais coa fusión contemporánea, no recital enmarcado na Noite Galega no Mercado das Industrias Culturais do Sur.
-
Galicia ten unha participación preferente no Mercado de Mar del Plata. Unha delegación de nove empresas de todos os ámbitos culturais acuden cos seus proxectos bilaterais xa en marcha a este foro que aglutina os dez países do Mercosur.
-
No mes das Letras Galegas, achégase unha nova perspectiva sobre as adaptacións literarias a través de nove títulos que se proxectan desde mañá e ata o 24 de maio e entre os que se atopan Arraianos, de Eloy Enciso, e VidaExtra, de Ramiro Ledo.
-
O XI Festival de Cans, que terá lugar do 21 ao 24 de maio, ofrece un programa con 17 curtas e 18 videoclips a concurso e un amplo cartel paralelo con estreas de longametraxes, concertos, coloquios, presentacións e a os 20 anos da eclosión do rock galego.
-
O polifacético director madrileño, Gonzalo García-Pelayo, viaxa á Coruña para participar nas sesións do ciclo adicado á súa filmografía, acompañado polo crítico e programador Álvaro Arroba. Proxéctanse 6 longametraxes deste realzador que regresa ao cinema logo de tres décadas de traballo.
-
A Asociación de Medios Publicitarios de España outorgou a "Se chove, que chova" un Grande AMPE de Prata na categoría multimedia, que valora os diferentes soportes, e un AMPE de Prata na modalidade de prensa.