Notas
-
Preséntase a cuarta edición de #NeThinking, un encontro que se celebra os días 25 e 26 de abril na Illa de San Simón sobre os novos modos de comunicar, xerar e distribuír contidos e obter rendemento social, laboral e empresarial na era internet. Verase en streaming e poderase seguir por Twitter.
-
Bambú Producciones, Ficción Producciones, Filmanova, Formato Producciones, Maruxiña Films Company, Portocabo, Tree Line Distribution e Zenit TV integran a delegación galega que asiste ao MIPTV que se celebra en Cannes (Francia).
-
O delegado de Cultura da Deputación de Lugo asistiu á lectura desta proposta divulgativa posta en marcha pola Vicepresidencia do ente provincial a través do Museo de Lugo na que se contemplan proxeccións, música, lecturas e relatorios.
-
Arredor de 40 pilotos se presentarán ante a súa afección este sábado, 15 de marzo, nas inmediacións do Pazo Provincial dos Deportes. Mario Outeiro destacou que este evento “pon en valor o deporte do motor e tende lazos unindo a pilotos, copilotos, mecánicos, axudantes e colaboradores e a toda a afección”.
-
Ninguén é perfecto?, estará centrado no tratamento dun dos maiores tabús do século XX: a transexualidade e o travestismo no cinema. Organizado en once sesións, o ciclo arranca o xoves 27 de febreiro ás 20,30 horas co filme Orlando, de Sally Potter,
-
Optan ao galardón como principal longametraxe galega nos XII Premios Mestre Mateo que convoca a Academia Galega do Audiovisual que, en documental nomeou a Costa da Morte, A pegada dos avós, Toñito Blanco só, perdido e vicioso e A última viaxe do afiador.
-
A primeira experiencia de radio universitaria que desenvolve a USC, adio campUSCulturae on line, comezou as súas emisións cunha grella de programación integrada por 10 propostas iniciais a cargo de escolares e coincidindo coa celebración do Día Mundial da Radio.
-
A Filmoteca de Galicia integra esta rede xunto ao Centro Niemeyer de Avilés, Tabakalera de Donostia, Musac de León e Filmoteca de Culturarts-IVAC de Valencia. O programa está destinado a proxectar destacadas películas internacionais sen distribuidora para os cines de España.
-
O novo documento destaca a aposta por tres conceptos clave: dotar o sector de maiores doses de innovación e de competitividade, avogar por presentarnos no mundo cunha oferta turística diferenciada, e promover a participación activa do conxunto da cidadanía para captar visitantes.
-
A presentación do hriller de acción do director Luis Noriega, O crime da legua dereita, farase o mércores 5 de febreiro nunha proxección que inclúe a exhibición da curta Espellos, realizada tamén por esta produtora lucense. A película está inspirada nun suceso real acontecido a primeiros do século pasado no municipio de Vilalba.