Notas
-
O madrileño é actualmente un dos directores máis importantes do panorama cinematográfico español. Os seus filmes conseguiron encher as salas de cine e as súas achegas como guionista e produtor redondearon o seu éxito.
-
O auditorio Abanca acolle a proxección de nove filmes, entre os que se inclúen estreas recentes e unha escolma das mellores películas que teñen pasado polo festival. Cultura e Educación apoia a Semana de Cine Euroárabe Amal con 13.854 euros como un dos cinco eventos subvencionados a través das axudas a festivais audiovisuais.
-
O cineasta José Luis Guerín abordará as temáticas do tempo, o espazo, o movemento e a posta en escena no taller “Representación da realidade” que complementa obradoiros formativos que afondan en temáticas de creatividade.
-
Segundo os datos publicados hoxe polo INE sobre o equipamento e uso das TIC nos fogares en 2014, sete de cada dez fogares galegos conéctanse a internet de banda larga, preto dun 50% máis que hai catro anos. Galicia lidera o ránking de Comunidades na xestión da Administración Pública online.
-
A película austriaca La segunda mujer consigue o apoio do público na Sección Oficial da XXXVI Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo que promove o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá. Na categoría de curtametraxes, impúxose Las casitas.
-
Organizada polo Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia, a xornada celebrouse na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela e nela a directora da Amtega destaca o traballo da a Xunta para adaptarse ao novo modelo de comunicación dixital que demanda a sociedade.
-
A Amtega abre o prazo de inscrición no concurso Curtas co móbil da Axenda Dixital de Galicia 2020, dirixido a mozos galegos matriculados na ESO ou Bacharelato. O prazo de presentación de solicitudes e os seus correspondentes vídeos está aberto ata o 30 de outubro de 2014 e as inscricións fanse online no Blog XenteDixital.
-
O servizo Quérote+, lanza este verán a campaña ‘Gústasme porque es ti’, que percorrerá 20 concellos galegos co obxectivo de sensibilizar á sociedade sobre unha imaxe corporal libre de estereotipos. Na época do verán os mozas e mozos poden non sentirse a gusto co seu corpo, como consecuencia das imaxes e os roles que se reciben no día a día dos modelos de beleza actuais estereotipados.
-
El guión de cortometraje [reStart], de la lucense Olga Osorio, ha sido seleccionado como uno de los 10 finalistas en la categoría de mejor guión en los Golden Blasters, 2014 National Irish Science Fiction Film Awards. Estos premios se celebrarán dentro del Shamrokon, convención nacional dedicada a la ciencia ficción, horror y fantasía que tendrá lugar en Dublín entre el 22 y el 24 de agosto.
-
A Administración da Seguridade Social vén de poñer en marcha Tu Seguridad Social (TUSS) un novo portal web de servizos integrados que proporciona ao cidadán información personalizada e actualizada da súa situación como activo ou pensionista e que, ademais, permite realizar, dun xeito cómodo e áxil, os trámites máis habituais no ámbito da xestión de prestacións de Seguridade Social.