Notas
-
Ana Isabel Rodríguez Vázquez foi elixida decana da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC co 100% do voto emitido nas eleccións que se desenvolveron o pasado 12 de maio. Entre os desafíos do centro para os próximos anos, Rodríguez destaca o 'reforzo da internacionalización', mediante a ampliación da oferta docente transnacional e o incremento da visibilización dos resultados de investigación.
-
Dixitalización, transparencia e colaboración público-privada, chaves para a administración do futuroO Foro Económico de Galicia, entidade coordinada desde UVigo, presentou un novo documento de análise no que aborda 'A reforma que a administración necesita: propostas para o s. XXI'. Nel sinálase que a dixitalización, transparencia e colaboración público-privada son chaves para a administración do futuro e recoméndase profesionalización, burocracia máis eficaz e avaliación constante das políticas públicas.
-
Do 13 a 16 de xuño terá lugar unha nova edición, a sexta, do Simposio Internacional de Ensino das Ciencias. Este evento en liña celébrase cada dous anos como un punto de encontro para o intercambio de experiencias e de relación entre todas aquelas persoas interesadas no ensino das ciencias en calquera ámbito educativo.
-
Do 23 ao 25 de maio, astrónomos e astrónomas de máis de 20 países do mundo danse cita na USC para debater os progresos alcanzados no marco do proxecto MW-Gaia COST. O obxectivo principal desta iniciativa é 'proporcionar unha mellor comprensión da nosa galaxia, as súas estrelas e planetas, e mellorar o potencial da comunidade na súa explotación científica', sinala a profesora da USC Josefina F. Ling.
-
Hai libros que contan a historia de nenas libres e rebeldes, como Pipi Mediaslongas, pero tamén hai libros sobre o ideal feminino da época franquista como Flora. Hai literatura infantil clásica, como a dos irmáns Grimm, pero tamén hai historias que van máis aló do estándar europeo ou occidental. E é que os contos son historias que viaxan, que están presentes en todas as culturas e épocas.
-
Investigadores e investigadoras das tres universidades galegas, liderados por Sebastián Villasante (USC) e coa colaboración das confrarías de Cambados, Redondela e a Lonxa de Campelo, analizan nun estudo publicado en Frontiers of Marine Science, os impactos do cambio climático sobre a vulnerabilidade socioeconómica do marisqueo nas rías galegas.
-
Anualmente, a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago na provincia de Lugo efectúa unha viaxe cultural internacional para os seus asociadose coincidindo coa "ponte" das Letras Galegas, tendo celebrado actos de exaltación das Letras con tal motivo en destinos tan lonxanos como Rumanía, Grecia ou Xordania.
-
O proxecto 'Nós' sube un novo chanzo cara á total inclusión do galego no mundo dixital e tecnolóxicoA creación de bancos de voz para facilitar que as empresas empreguen o galego nas súas tecnoloxías é unha das metas do proxecto ‘Nós de Intelixencia Artificial ao servizo da lingua galega’. O convenio de colaboración asinado polo reitor da USC, Antonio López e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, permitirá avanzar no traballo de campo, deseñará prototipos dos recursos e experimentará cos primeiros demostradores.
-
O proxecto rurAllure botou a andar hai algo máis dun ano co obxectivo de divulgar o patrimonio cultural que rodea as grandes vías de peregrinación de Europa, ampliando as experiencias dos peregrinos que as percorren achegándolles. A finalidade é empregar ferramentas tecnolóxicas e estratexias de innovación para achegarlles a oferta cultural das áreas rurais próximas.
-
'Transfronteirizas, conversas de arte e ciencia', o ciclo de diálogos en liña do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), cumpre estes días o seu segundo aniversario e celébrao cunha nova edición o próximo 19 de maio. O encontro entre Estíbaliz Espinosa e Gastón Giribet, moderado polo investigador do IGFAE José Edelstein, desenvolverase no auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.