Notas
-
É unha das meirandes voces da Poesía hispánica contemporánea e practicamente un clásico en vida despois de que gabasen a súa obra autores como J.R. Jiménez, Cortázar ou José Bergamín, ademais de contar no seu extenso palmarés co Premio Reina Sofía e o mais o Premio Cervantes. Nunca antes pisara terras galegas; pero agora, o mesmo ano en que fará 99 anos, Ida Vitale (Montevideo, 1923) chegará a Galicia da man de POETAS DI(N)VERSOS.
-
Alumnado das materias de Literatura e Arte e de Literatura Infantil e Dramatización que imparte a profesora Rocío G. Pedreira na Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo da USC dan vida á nova bitácora de literatura infantil ‘Petiscando libros’, un repositorio virtual a través do que se ofrece á sociedade unha cada vez maior relación de títulos, clasificados en función da temática que tratan.
-
O 23 de marzo de 1882 Jules David Cavaz realizou as fotografías máis antigas que se conservan da USC. Xusto 140 anos despois, a presentación no Paraninfo do libro 'A Universidade retratada. Jules David-Cavaz en Galicia' (1882) serviu para conmemorar o aniversario deste material inédito que acaba de ver a luz grazas ao Arquivo Histórico Universitario (AHUS), xunto ao Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC, así como a Alvarellos Editora.
-
A cultura atlántica, esencialmente marítima e mariñeira, é fornecedora dun patrimonio inmaterial moi importante. Recuperalo, protexelo e dinamizalo é o principal obxectivo do proxecto Atlantic CultureScape, unha iniciativa na que están implicadas seis rexións do arco atlántico: Galicia, Cantabria, Andalucía e Río Maior en Portugal así como zonas de Gales, Irlanda e Irlanda do Norte.
-
Entre 2007 e 2020 Xosé Luis Méndez Ferrín publicou cada sábado un artigo na sección No Fondo dos Espellos de Faro de Vigo. Esta produción literaria esparexida no tempo reúnese nunha colección editada pola Universidade de Vigo. Tras un primeiro volume que compilaba os textos do período 2015-2020, sae un novo libro cos publicados dende 2007 a 2010.
-
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova Eirós, no concello lucense de Triacastela, permiten ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades. Así, as 50 moedas romanas atopadas na Cova das Cabras permiten documentar un nivel de ocupación, da segunda metade do século IV d.C., non rexistrado ata a data, nin en Cova Eirós, nin noutros xacementos da contorna.
-
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) homenaxeará ao veterinario Juan Rof Codina como ‘Científico Galego do Ano’ polo Día da Ciencia en Galicia, efeméride que se celebrará o vindeiro 6 de outubro. A decisión adoptada pola RAGC valorou detidamente a figura de Rof Codina e salientou a súa contribución á modernización do sector agropecuario en Galicia e á difusión do concepto de asociacionismo entre os gandeiros galegos.
-
O colectivo eXXperimenta en Feminino, formado por un centenar de docentes da Facultade de Ciencias, da Escola Superior de Enxeñaría Informática, da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e da Escola Universitaria de Enfermaría da Universidade de Vigo, recibiu este mércores o XVI Premio Clara Campoamor á Igualdade de Oportunidades que outorga o Concello de Ourense.
-
O manifesto RUIGEU reivindica a corresponsabilidade como chave para facer fronte ás fendas de xénero'A pandemia contribuíu a aumentar a violencia machista e intensificou a fenda dos coidados, que recaen maioritariamente sobre as mulleres'. Esta afirmación é un dos eixos sobre o que se asenta o Manifesto da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero das Universidades Españolas para a Excelencia Universitaria ao que se deu lectura no acto co que a USC conmemorou o Día Internacional das Mulleres.
-
Mar Masulli, Pepa Sedó, Carolina López, María Benítez, Rocío Lara, Ainoa Castro, Noemí Rabasco e Antía Fernández, todas son mulleres e todas traballan ou estudan no sector da automatización e da robótica. Elas foron as protagonistas da terceira edición das Xornadas técnicas AER-UVigo, unha actividade coordinada polo profesor da Escola de Enxeñería Industrial José Ignacio Armesto, 'alma mater das xornadas'.