Notas
-
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade premiou a trece escolares de Lugo que resultaron gañadores do certame de Poesía de Nadal que convoca a Biblioteca Pública Provincial en colaboración con outras bibliotecas públicas da provincia. Na fase final participan os traballos que resultaron vencedores nos distintos certames municipais.
-
O estudo da percepción que os residentes dos concellos galegos teñen do Camiño de Santiago, así como a análise da eficiencia dos Centros Especiais de Emprego en Galicia conforman as dúas investigacións galardoadas no VIII Premio de Investigación en Economía de Galicia Valentín Paz Andrade que outorgan o IDEGA da USC e o Consello Económico e Social de Galicia.
-
O Foro Económico sinala que Galicia debe liderar a nivelación de todos os servizos descentralizados'O Foro Económico de Galicia, coordinado polo Grupo Governance and Economics Research Network da UVigo, presentou o documento 'A reforma do sistema de financiamento: unha perspectiva dende Galicia'. Nel destacan que a comunidade autónoma debe 'liderar a nivelación de todos os servizos descentralizados como fórmula para garantir a equidade entre os españois e asegurar o autogoberno'.
-
Alternativa aos festexos do Entroido, o ciclo de poesía do Concello da Coruña celebrará este vindeiro luns 28 a súa sesión mensual correspondente a febreiro. POETAS DI(N)VERSOS, que reúne un luns ao mes o mellor da poesía galega e do resto do mundo, volverá ao Auditorio do Ágora coma sempre en horario das 20h do serán, con entrada aberta e gratuíta para todo o público interesado.
-
'Este libro sobre A Bela Otero, é froito de moitos anos de traballo e procura incesante de documentación sobre unha muller galega que, como moitas, rebeláronse contra o seu destino e amosaron ser quen nun mundo onde o feito de ser home anulaba por completo a muller. Ela, por si mesma conseguiu chegar a ser unha das mulleres máis importantes do mundo na Belle Époque'.
-
A Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña organiza unha nova edición do ciclo Marzo Ambiental no que con preto de 50 actividades pretende educar na sustentabilidade. Esta proposta, que se enmarca dentro da iniciativa 'Campus, Casa, Cidade: Laboratorios do cambio', vai xa pola quinta edición, acadando unha participación de máis de 6.000 persoas na súa traxectoria.
-
'Din que non falan as plantas (...) pero non é certo, pois sempre cando eu paso, de min murmuran e exclaman...'. Estas verbas son tan só nun exemplo da 'fascinación' que Rosalía de Castro sentía pola natureza. Así o constataron os investigadores da USC María López Sández, Fernando Cabo Aseguinolaza e Maria do Cebreiro Rábade Villar no seu estudo da obra da escritora galega que permitiu organizar o denominado Herbario de Rosalía
-
Desenvolver unha ferramenta de apoio á toma de decisións na xestión sanitaria nun contexto como o provocado pola covid-19 é o obxectivo de Practicum Direct, un proxecto de investigación do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS), do que forma parte o Observatorio da Gobernanza G3 da Universidade de Vigo.
-
Os contidos que ofrecen os medios de comunicación non son, en moitas ocasións, plenamente accesibles para as persoas que teñen algunha dificultade de comprensión. Para evitar esta eiva, a CRTVG acaba de poñer en marcha unha iniciativa que, da man da Universidade de Vigo, achegará información accesible a este tipo de colectivos.
-
O Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), impulsado polas tres universidades galegas, deu a coñecer a que será a súa folla de ruta para 'traballar polo futuro das matemáticas de Galicia', tal e como sinalou o reitor da USC, Antonio López. Xunto a el, tomaron parte na xornada os reitores da UDC e da UVigo, Julio Abalde e Manuel Reigosa; a decana da Facultade de Matemáticas da USC, Elena Vázquez Cendón; e a directora científica en funcións de CITMAga, Rosa Crujeiras.