Notas
-
A segunda edición de Instagrammers no Camiño pechouse duplicando os impactos da primeira, con máis de 27 millóns de impactos conseguidos a través das máis de 400 publicacións realizadas polos seis instagrammers que participaron. Os cantantes Luis Cepeda e Roi Méndez, a actriz Cristina Castaño, e os influencers Xurxo Carreño, Natalia Maquieira e Tamara García Romero foron os participantes nesta ocasión.
-
A XIX edición do Festival de Cans, que terá lugar do 18 ao 21 de maio, continuará esta edición na súa liña de programar unha retrospectiva internacional, que dea coñecer ao público algúns dos cineastas máis interesantes e orixinais do momento. Este ano Cans programará unha retrospectiva de gran nivel, como é a do cineasta portugués João Nicolau, un dos expoñentes máis brillantes do novo cinema portugués.
-
Nunha traxectoria que en breve abarcará dúas décadas, o festival tudense destaca por presentar primeiras retrospectivas en España, dedicadas tanto a recoñecidos directores e figuras lendarias do cinema documental, como a outros moitos cineastas esquecidos, censurados, perdidos ou sinxelamente descoñecidos. Este labor de recuperación, redescubrimiento e reivindicación volve estar fortemente presente nesta próxima edición, que se celebrará do 4 ao 8 de maio en Tui.
-
O Campus Innova da Universidade da Coruña, en colaboración coa Conferencia de Reitores das Universidades do Suroeste Europeo (CRUSOE) e o Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas e Culturais (CISPAC), organiza a xornada 'Cultura Dixital: capacidades, retos e oportunidades no Sistema Ciencia-Tecnoloxía de Galicia', que terá lugar o venres 22 de abril no Edificio Fontán da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.
-
'Os meus procesos creativos e vitais están unidos, sempre nunha investigación constante de técnicas e medios'. Estas verbas do artista Xosé Luís Otero definen a mostra 'O Silencio de Deus' na que o creador propón unha hibridación entre exposición e instalación, enlazando a arquitectura e a espiritualidade da Igrexa da Universidade a modo de reflexión entre o humano e o espiritual.
-
O Festival Internacional de Cinema de Tui Play-Doc anuncia o peche da súa convocatoria para a recepción das películas que formarán parte dos programas competitivos da súa próxima edición. As películas seleccionadas poderán optar aos tres premios que outorga o festival nas súas categorías de longametraxe, curtametraxe e premio Galicia. A súa programación completarase cun rico programa de actividades paralelas como concertos ou roteiros cinematográficas.
-
A USC traballa nun Programa Galego de Protección Integral Feminista a Defensoras de Dereitos HumanosArtellar un programa pioneiro en Galicia que promova a protección e o acompañamento das mulleres activistas de dereitos humanos que nos seus respectivos países están a sufrir graves situacións de acoso e risco. Esta é a meta na que traballa a Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC da man da Coordinadora Galega de ONGD e Solidariedade Internacional de Galicia.
-
A figura de Álvaro Ruibal percorre o xornalismo do Estado español no século XX. Unha mostra bibliográfica no Colexio de Fonseca recolle ata o vindeiro 27 de maio parte da que foi a súa biblioteca, artigos en prensa e correspondencia mantida ao longo dos anos, dando conta da súa ampla e rica traxectoria. A carreira de Álvaro Ruibal (Santiago, 1910 - Barcelona, 1999) comeza moi cedo facendo colaboracións na prensa local de Compostela. Os estudos universitarios —Matemáticas e Arquitectura— levárono a Madrid ao comezo da década dos trinta.
-
O proxecto Pasos comeza a dar os seus froitos no fomento da investigación e a innovación responsable no sector mariño. Celebrouse en Vigo a Xornada de promoción da economía social no sector mariño, que contou coa asistencia de Susana Touza, subdirectora xeral de Economía Social da Xunta de Galicia; Belén Rubio, vicerreitora de Investigación da Universidade de Vigo e Javier Touza, presidente de Fundamar.
-
Co obxectivo de fomentar o emprendemento desde unha perspectiva de xénero, desde setembro de 2019 a Universidade de Vigo e a Confederación Empresarial de Ourense (CEO) participan no proxecto europeo Women Entrepreneurs in Action WE'RE IN! (Mulleres Emprendedoras en Acción). A súa programación inclúe o desenvolvemento de diferentes mobilidades entre mulleres dos países participantes, que son ademais de España, Francia, Bélxica e Alemaña.