Notas
-
A Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética da Universidade de Santiago de Compostela acaba de publicar o libro ‘Valente epistolar (Correspondencia de José Ángel Valente con sus amistades)’, no que catorce especialistas estudan outras tantas importantes e reveladoras relacións epistolares do poeta citado con intelectuais relacionados coa súa vida, coa súa obra ou coa súa tradución.
-
Fomentar unha reflexión académica en torno á performance é o propósito central do Congreso Internacional de Arte de Acción Fugas e Interferencias, que o grupo de investigación PE4 Imaxes e Contextos, da Facultade de Belas Artes, promove coa colaboración da Vicerreitoría do campus de Pontevedra e o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).
-
Asomarse ao mundo persoal de Ramón María del Valle-Inclán a través de boa parte do patrimonio artístico que albergaba no seu domicilio, situado no número 5 da madrileña rúa Francisco de Rojas, é o que persegue a mostra ‘Valle-Inclán íntimo’, inaugurada este xoves 9 no Colexio de Fonseca e que se nutre da colección particular dos irmáns Valle-Inclán Alsina, Fernando, Miguel e Javier.
-
O Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA) que abrangue dende 1975 ata a actualidade, ten como obxectivo fornecer datos para o estudo da lingua galega actual dende múltiples perspectivas: léxica, morfolóxica, sintáctica, fraseolóxica, terminolóxica ou comunicativa, entre outras. A versión 4.0 presentada este xoves, consta de 43.162.364 palabras ortográficas (51.451.088 elementos gramaticais).
-
O grupo de innovación docente do Campus de Lugo da USC XuvenCiencia aposta por normalizar o galego como lingua de divulgación científica nas aulas de alumnado preuniversitario a través da adaptación do proxecto ‘Ciencia-me un cuento’, unha iniciativa promovida pola Sociedade de Científicos Españoles do Reino Unido co apoio da Fundación Lilly, que está estruturada en diversos relatos de temática científica.
-
O neurobiólogo e profesor emérito da Universidade Autónoma de Barcelona, Ramón María Nogués, será o encargado de pronunciar o relatorio inaugural do ciclo de conferencias que abordarán o vínculo entre ciencia, cultura e relixión, iniciativa en cuxo impulso toma parte, entre outros, o profesor emérito da USC e ex reitor, Carlos Pajares.
-
O Directorio de Expertas UDCientíficas ten como obxectivos, por un lado, dar a coñecer o talento investigador da Universidade da Coruña e, polo outro, fomentar a presenza das mulleres nos medios de comunicación como fontes expertas. Nos medios españois as mulleres apenas supoñen tres de cada dez fontes expertas e só o 13% das fontes académicas.
-
Ana Ramírez, estudante do Mestrado en Biotecnoloxía Avanzada, e Marielena Márquez, do de Enxeñaría de Telecomunicación, son as dúas alumnas gañadoras da segunda edición dos Premios GirlGeekCovid, un recoñecemento co que a Universidade de Vigo e a Deputación de Pontevedra poñen en valor os mellores expedientes femininos da UVigo.
-
Vigo acolle a VIII edición do Congreso da Sociedad Española de Biología Evolutiva. Esta é a primeira vez que este simposio se celebra en Galicia e faino organizado por un grupo de docentes da Universidade de Vigo entre os que están Emilio Rolán, David Posada, Armando Caballero, Alberto Velando ou Iria Fernández, xunto con Miguel Arenas, Carlos Canchaya, Angel P. Diz, Juan Galindo, Juan Gefaell e Humberto Quesada.
-
A USC e a Xunta, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, colaborarán nun proxecto dixital que, apoiándose nas tecnoloxías, busca avanzar no estudo do neofalantismo. Esta iniciativa desenvolverase ao longo de tres anos e consta de tres fases coas que se pretende impulsar e valorizar o neofalantismo e as conexións do galego co mundo da empresa e da lusofonía.